"Temos a obriga de converter todos e cada un dos barrios de Meicende e Borroa en zonas atractivas para vivir"
O Psoe Arteixo recolle as demandas da veciñanza do barrio de Borroa e O Petón para levalas ao pleno de maio. Entenden que é necesario "un plan de rehabilitación integral do barrio do Petón". Además, Patricia Boedo, voceira da formación engade que unha solución é "afastando a aqueles que queren degradar o noso territorio e a convivencia da nosa veciñanza”. Reclama tamén mellorar "súas vías de comunicación, mobilidade e accesibilidade, limpeza e mantemento das súas zonas verdes e unha mellora na seguridade".
Para o barrio de Borroa, pola súa parte, os socialistas pedirán a instalación de beirarrúas que conecten Meicende ata a entrada da Refinería en Nostián, mellorar o estado do pavimento, a limpeza das cunetas e a rehabilitación do tellado do lavadoiro público. A voceira visualizou as necesidades da veciñanza e prometeulles solicitar mellorar o mal estado do pavimento na estrada de Borroa de arriba, actuar para aumentar o ancho da rúa para que poida circular un vehículo de emerxencias e manter limpas as cunetas. Tamén, esixir que os propietarios manteñan limpas as súas fincas.