"Porvenir" é a túa cita co teatro desta semana

Unha das compañías máis coñecidas da escena improvisada mundial pola súa teatralidade, o risco e a calidade das súas montaxes, presenta "Porvenir"
viernes 19 de noviembre obra "porvenir" en el CCC del Concello de Arteixo
photo_camera Intérpretes da obra de teatro "Porvenir"

A obra "Porvenir" presentase mañá, venres 19 de novembro no CCC Arteixo

ImproMadrid Teatrounha das compañías máis coñecidas da escena improvisada mundial pola súa teatralidade, o risco e a calidade das súas montaxes, presenta "Porvenir". É a historia de 4 amigos de toda a vida que, azuzados pola deusa da fortuna, enfróntanse ao dilema de como queren vivir a madurez das súas vidas. Venres 19 de novembro ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Entradas 3 e 4 euros na billeteira do CCC de 11.30 horas a 13.30 horas e 2 horas antes do comezo da  función. Lembra toda a progración do Outono Cultural

Sinopse e trailer

Un exitoso cirurxián, un profesor universitario, un xefe de prensa dun partido político e unha publicista cuxo soño é ser escritora (Julia) reúnense desde fai 20 anos na terraza dela para charlar e quererse. Unha noite Julia dálles a noticia de que a botan dA casa. Ese é o detonante para coñecer as razóns vitais das decisións dos personaxes, os seus soños e frustracións https://www.youtube.com/watch?v=5bl344F7NIE