Mañá venres 30 de setembro retorna a programación de sala con la obra "Último verán en Santa Cristina"
"Último verán en Santa Cristina", obra dirixida por Eduardo Alonso, se presenta mañá venres no auditorio del Centro Cívico de Arteixo ás 20:30 horas. Trátase dunha obra que recolle as sensibles e conmovedoras lembranzas dun rapaz que pasa a súa infancia na España franquista. O custo da entrada é 4 e 3 euros e pódese mercar mañá en horario de 11:30-13:30 horas ou 2 horas antes do comezo da función.
A obra conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán. O reparto está composto por Xavier Estévez, Maxo Barjas, Miguel Pernas, Manuel Varela e Luma Gómez baixo a producción de Teatro do Noroeste. Veo o vídeo promocional: https://youtu.be/a2lx3ZDc9aQ