PP e Bng presentan enmendas aos orzamentos do Estado para que se incorpore a partida obras no Concello de Arteixo
O goberno municipal de Arteixo recibiu do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Diputados a enmenda pola que o PP reclama en Madrid que o Estado volva a incluir unha partida nos orzamentos, como xa fixo outros anos, para construir en Meicende un enlace que elimine o tráfico pesado do núcleo urbano. O citado enlace ten o proxecto aprobado e as expropiacións dos terenos feitas, pero nos presupostos do Estado do 2022 non aparece ningunha partida para que comece a obra.
Coa construción da Autovía do Porto Exterior abriuse unha posibilidade de aproveitar unha nova infraestrutura para aliviar de todo ese tráfico pesado e perigoso ás poboacións de Meicende e Pastoriza a través da construción por parte do Ministerio de Fomento dunha ligazón á citada autovía coa estrada AC-415. O proxecto de enlace coa autovía do Porto Exterior cumpríría con dúas finalidades:
- Facer unha circunvalación para os veciños de Meicende e Pastoriza á hora de mellorar as súas comunicacións tanto en dirección A Coruña como en dirección a Arteixo.
- Creación dun vial perimetral á refinería de Repsol co obxectivo da eliminación de tráfico pesado e de mercadurías perigosas polo núcleo urbano de Meicende
As emendas do Bng
Pola súa parte, o Bng non acepta na súa totalidade os orzamentos do Estado para 2022 polo que formula diferentes emendas aos mesmos. En concreto, a delegación comarcal presenta un total de 30 emendas referidas á cidade da Coruña e a súa comarca. En concreto, para Arteixo formúlanse dúas emendas: o enlace na AC-415 coa autovía de acceso ao Porto Exterior, valorada en 6.600.000 euros, e o Centro de Interpretación do Castro de Punta Langosteira, por un importe de 1.450.000 euros. De seren aprobadas, incrementaríase o investimento do Estado na Coruña e a súa contorna en 252 millóns de euros, sendo especificamente o investimento total para Arteixo de 8.050.000 euros.
En canto ao enlace na AC-415 coa autovía de acceso ao Porto Exterior en Meicende, o Bng solicita a dotación de 6.600.000 euros para esta obra viaria. En 2015 consignáronse nos orzamentos do Estado pouco máis de 3 millóns de euros para a obra que finalizaría en 2016, que permitiría evitar o tráfico pesado e de mercadorías perigosas por Meicende.
No referente ao Centro de Interpretación de Castro Punta Langosteira, os nacionalistas valora o importe en 1.450.000 euros. Nunha recente resposta do goberno, sinálase que a Autoridade Portuaria está analizando os criterios para a posta en marcha do dito centro para poñer en valor un castro que foi arrasado en 2005 durante a construción do porto e cuxo centro de interpretación debería estar en funcionamento xa en 2012.
No orzamento proposta na emenda do Bng de Arteixo iría, ademais da compra ou expropiación de terreos para situar as estruturas do castro, o edificio, aparcamento e servizos necesarios. “A intención, ademais de recuperar o noso patrimonio, é crear riqueza a través do coñecemento da nosa historia, divulgando entre visitantes e escolares da comarca o patrimonio de Arteixo”, comenta Xurxo Couto, portavoz do grupo local.