A concelleira do BNG, Loly Rega, lamenta "o pasotismo absoluto do PP tanto nunha coma noutra administración (Xunta e Goberno local); o colexio de infantil Ponte dos Brozos leva todo o inverno nunha situación lamentábel; é incríbel que ningunha das dúas administración atenda ás reclamacións: os días de choiva as aulas convértense nunha auténtica piscina, a auga se recolle en caldeiros e o mesmo acontece no corredor...”
Loly Rega indica que "hai anos que a Consellería de educación do PP non invirte un só euro nos centros educativos de Arteixo a pesares de ser unha das comunidades escolares máis grandes de todo Galiza e de ter centros antigos e con graves eivas; non hai máis que darse unha volta polo polo Ponte dos Brozos de primaria para ver que fai falta unha inversión a fondo; un centro destas características non ten accesibilidade para persoas con algún tipo de eiva, é un centro que non ten tampouco elevadores; é un centro en que tamén hai problemas coas filtracións de auga... Non parece lóxico nin aceptábel que o PP unha vez máis demostre o pasotismo diante dun grave problema xa que tamén é de seguridade, as caídas, os esbaróns poden ser moi perigosas”.