A Xunta coordinará o próximo martes un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do Polígono A Grela-Bens nas instalacións de Repsol Butano S. A. Parciparán, entre outros medios, bombeiros e policías locais da Coruña e Arteixo, efectivos da Garda Civil e o 061.
O exercicio comezará ás 12:30 horas e rematará ás 14:00 horas e se activarán durante o simulacro as sirenas de aviso á poboación. Máis aló de unha maior presenza de medios de emerxencias na zona e os controis establecidos nas inmediacións da empresa, non se prevé que se vexa afectado o normal desenvolvemento das actividades do entorno.
A Xunta quere destacar a importación da aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias. O primeiro Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do polígono de A Grela-Bens foi aprobado en 1995. Foi revisando e actualizando tendo en conta as análises de riscos dos informes de seguridade das empresas, os cambios no entorno das plantas, e a mellora na dotación de medios e recursos de emerxencias.
O obxectivo dos PEE é previr, e no seu caso mitigar, as consecuencias de posibles accidentes graves e establecer as medidas de protección máis idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios e o esquema de coordinación de autoridades, órganos e servizos chamados a intervir. Cómpre lembrar, ademais, que as empresas que forman parte deste PEE tamén contan cos seus respectivos Plans de Emerxencia Interior.