En marcha, as obras nos parques de Chorís e na Praza do Hospital

parque integrador de Chorís en Carballo
photo_camera O alcalde, Evencio Ferrero, visitou as recentes actuacións

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, visitou as obras nos parques de Chorís e na Praza do Hospital

O Concello de Carballo pon en marcha as primeras actuacións para a creación dunha rede municipal de parques infantís integradores. Neste sentido, o alcalde, Evencio Ferrero, visitou as obras das primeras actuacións nos parques de Chorís e na Praza do Hospital.

Destacar que nas dúas actuacións ampliáronse as áreas de xogo paravpoder colocar máis elementos,vvarios deles inclusivos.

Ademais estas obras supoñen un investimento de 106.003,78 euros procedentes dos recursos municipais. Están a ser executadas pola empresa Vázquez y Reino.

Desde fontes municipais din que "A altísima intensidade de uso que teñen os parques infantís da zona urbana de Carballo non só obrigan a realizar un mantemento constante, senón tamén á súa actualización periódica".

A finalidade de renovalos é varia:

  • facelos accesibles para todos os nenos e nenas;
  • crear espazos de convivencia entre a rapazada e as persoas adultas;
  • fomentar deste xeito o vínculo emocional...

"Carballo para a infancia"

Dentro de la actuación se inclúen os 551.568,40 euros do proxecto “Carballo para a infancia”, que será financiado cunha subvención da Deputación da Coruña do 80% do orzamento total. "Con este achega, comentan desde o Goberno local, acometeremos a reforma de integral dos parques da Praza do Concello, a Praza Eduardo Pondal e a Praza da Milagrosa, nos que, como no caso anterior, actuarase nos recintos e nas zonas axardinadas e realizarase unha renovación completa dos xogos infantís".

Tamén dicir que as actuacións transformadoras chegarán nos vindeiros meses a varias parroquias.