Os socialistas propoñen a construcción de parques infantís cubertos
O Psoe de Arteixo entende que crear espazos cubertos garante o seu uso durante todo o ano
Desde el Psoe local afirman que "a experiencia demostra que os espazos cubertos para o lecer teñen moi boa acollida entre a veciñanza de Arteixo. Particularmente entre a infancia e a mocidade. No ano 2017, a Deputación da Coruña financiou a construción da cuberta do Campo da Festa. E a instalación converteuse dende entón nun lugar utilizado de forma intensiva.
Atendendo ao éxito desta iniciativa, o Grupo Municipal Socialista vai presentar unha moción no próximo pleno. Apela a que o goberno municipal inclúa nos orzamentos de 2022 unha partida para dotar dunha cuberta a algún dos parques infantís da localidade. E así, garantir o seu uso ao longo de todo con independencia das condicións meteorolóxicas.
O portavoz socialista no Concello, Simón López, cre que a instalación desta cuberta “podería acometerse a modo de experiencia piloto". "Se a acollida e boa -engade- nos próximos anos habería que ir consignando partidas orzamentarias para seguir cubrindo parques alí onde exista demanda. En Galicia, atendendo á nosa peculiar climatoloxía, estaría plenamente xustificada”.
Protección dos dereitos LGTBIQ
Esta é só unha das medidas que o Psoe vai levar ao Pleno de Arteixo do mes de xullo, onde se vai debater tamén unha moción relativa á protección do colectivo LGTBIQ. A iniciativa é en resposta ao aumento das agresións e incidentes denunciados polo Observatorio contra a Homofobia. Tamén pola condena unánime da sociedade arteixá a raíz dos acontecementos rexistrados recentemente na nosa contorna máis inmediata.
Dende o Grupo Municipal vaise instar á corporación a declarar o Concello de Arteixo como zona de liberdade para as persoas LGTBIQ. Así mesmo, preténdese reforzar o compromiso coas políticas publicas para defender os dereitos deste colectivo.