Bancos para reivindicar a importancia da diversidade

Na proposta do Psoe contémplase a instalación de dous bancos en puntos emblemáticos do termo municipal, un no Paseo Fluvial e outro no Paseo Marítimo
Psoe Arteixo reclama bancos LGTBI para el municipio
photo_camera Bancos LGTBI instalados en outros concellos

Os socialistas de Arteixo propoñen instalar dous bancos LGTBI no concello. Tamén levarán a Pleno instalar puntos de recarga para vehículos eléctricos

"A instalación de bancos LGTBI é unha das ferramentas máis sinxelas, económicas e eficaces que un concello ten á súa disposición para amosar o seu compromiso en contra da homofobia e a transfobia", asegura o grupo municipal socialista. Explican que "en moitos concellos de Galicia xa se pintaron elementos do mobiliario urbano coas seis cores representativas do movemento". Esta e outras custións reclamarana no próximo pleno.

O portavoz do grupo municipal, Simón López, cre que a iniciativa “permitiría amosar á cidadanía o valor da diversidade, ao tempo que axudaría a concienciar á sociedade sobre a importancia do respecto mutuo”. Na proposta do Psoe contémplase a instalación de dous bancos en puntos emblemáticos do termo municipal. Un no Paseo Fluvial e outro no Paseo Marítimo. Deste modo, Arteixo seguiría a liña marcada por concellos veciños, como A Coruña ou Carballo.

Outras iniciativas

No pleno ordinario do mes de maio, o grupo municipal socialista vai presentar outra moción. Solicitar a instalación nos próximos meses de dous puntos de recarga para vehículos eléctricos no termo municipal. Unha iniciativa que xa está recollida no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Arteixo. Tamén preguntará polo incumprimento da cota do 7% de prazas reservadas para persoas con discapacidade na oferta municipal de emprego público. Ademáis, presentarase unha moción para instar á Xunta de Galicia a retomar a atención presencial para as consultas nos centros de saúde.