As obras na parroquia de Larín ten un investimento de 132 mil euros
As actuacións na parroquia de Larín, nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo, ten un prazo de execución de 3 meses. De xeito, atendese á necesidade de ampliación dos servizos básicos nunha zona en auxe, con investimentos de recente creación. Por iso, executarase unha rede de colectores, diferenciados en 4 tramos, que recollerán as augas residuais das vivendas da entorna, para conducilas á EDAR da Groba.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.
A través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras para completar as redes de servizos de saneamento e abastecemento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo, na parroquia de Larín, no Concello de Arteixo. Este contrato, adxudicado á empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L, contará cunha achega autonómica de máis de 132.000 euros e dispón dun prazo de execución de 3 meses.
Auxe de Larín
Na actualidade, a parroquia de Larín é unha zona en auxe
principalmente turístico, con importantes investimentos de recente construción,
polo que demanda a ampliación de servizos básicos, como o abastecemento e o
saneamento.
Para isto, executarase unha rede de colectores, diferenciados en 4 tramos, que recollerán as augas residuais das vivendas situadas nas marxes na estrada provincial DP-0507 e outro grupo pequeno de vivendas, para finalmente conducilas á Estación Depuradora de Augas Residuais da Groba. A rede na parroquia de Larín terá unha lonxitude total de máis de 1.2 quilómetros. Esta actuación enmárcase no programa europeo FEADER PDR 2014-2020.