O número de PCR realizadas é de 50.396. E o dato que comunica a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade. Tamén informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.019.
Neste senso:
- 1.280 son da área da Coruña,
- 589 da de Lugo,
- 1.193 da de Ourense,
- 505 da de Pontevedra,
- 1.085 da área de Vigo,
- 1.029 da de Santiago,
- e 338 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 128 permanecen en UCI, 746 están en unidades de hospitalización e 5.145 no domicilio.
PCR, altas e falecementos
Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.298 altas de pacientes e 391 falecementos. E como informaron desde a Xunta de Galica as probas PCR siguen o seu curso.
En canto ao número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia éstes supoñen o 3,8% do total das persoas residentes.
Así, respecto das 5 persoas falecidas onte en centros residenciais: 1 foi da residencia DomusVi Matogrande (A Coruña), 1 da residencia de Foz (Lugo), 1 da residencia DomusVI Cangas e 2 da residencia DomusVi San Lázaro (Santiago de Compostela). Especificar que os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
En canto a datos a nivel estatal as cifras son: 177.633 casos confirmados; 18.579 falecidos; 70.853 pacientes curados.
Orde do Ministerio de Sanidad
Por outra banda, o Ministerio de Sanidad impulsou o 14 de abril unha orde ministerial pola que pon a disposición das CCAAA os laboratorios públicos e privados de diagnose clínica.
En resumo todos os centros, servizos e establecementos sanitarios que non estén a prestar servizo no Sistema Nacional de Salud, e tamén o seu personal, pasan a estar o servizo das comunidades autónomas.