O Bng de Arteixo presenta hoxe unha candidatura para lograr “o concello co que soñamos”
O evento público no Balneario de Arteixo servirá para dar a coñecer a súa lista para os comicios do 28 de maio e para presentar a candidatura do Bng da comarca coruñesa coa participación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero
O Bng de Arteixo conta cunha candidatura chea de “ilusión, experiencia e ganas de chegar ao goberno para lograr o concello co que soñamos”, afirma Xurxo Couto, candidato da formación nacionalista. A lista, que foi aprobada por unanimidade na asemblea local, conta con veciñas e veciños do municipio que proceden dun variado abanico profesional.
“O que nos une a todas as persoas que formamos parte desta candidatura é a idea de que queremos un proxecto político para Arteixo que poña no centro á xente, que é o máis importante da política local”, asegura Couto. “Un concello máis democrático, participativo e transparente, con servizos públicos de calidade”.
“Un concello cun urbanismo inclusivo, democrático, equilibrado e seguro, onde os espazos públicos sexan de calidade, accesíbeis, onde haxa verdadeiros centros de sociabilización e de convivencia para todas e todos”.
O Bng presentará as persoas integrantes da lista nun acto público que terá lugar hoxe venres, 28 de abril, ás 20.00 horas no Balneario. No evento estará presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, así como os candidatos do Bng na comarca coruñesa.
Lista do Bng Arteixo
- Xosé Xurxo Couto Rodríguez
- Raúl José Fernández Iglesias
- María Dolores Rega Nión
- Juan Carlos López Oliveira
- Sonia Gómez Castro
- Xoán Carlos Martínez Montes
- Lara Vieites Corredoira
- Juan José Anido Lista
- Verónica Rozamontes Suárez
- Jesús Alberto Abeleira García
- Tamara López Cotelo
- Javier Gabín Calvo
- María Dolores Castro Veira
- Ramón Vieites Vieites
- Marisa Gabriela López Schmidt
- Sergio Mañana Rodríguez
- Rosa María Gómez Amigo
- Carlos López Cotelo
- Paula María Gutiérrez Álvarez
- Xan Antón Sánchez Vázquez
- María Mato Seijas
Suplentes:
- Jesús Hermelo Sotelo
- María Belén Naya Montes