Programa de natación escolar 2023/2024

Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria, ofértase a actividade de natación escolar a todos aqueles alumnos de ensinanza primaria que estean interesados.

Programa de natación escolar 2023/2024.
photo_camera Programa de natación escolar 2023/2024.

Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e Meicende, desde os Complexos Deportivos Municipais de Arteixo e Pastoriza-Meicende ofértase a actividade de natación escolar a todos aqueles alumnos de ensinanza primaria que estean interesados.

A partires de este curso e debido a recente inauguración do Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza-Meicende, os centros escolares de infantil e primaria distribuiranse do seguinte xeito:

  • Complexo Deportivo Municipal de Arteixo: CEIP Ponte dos Brozos e CEIP Arteixo.
  • Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza- Meicende: CEIP Galán e CEIP San Xosé Obreiro.

Todos os interesados poderán inscribirse na recepción da piscina correspondente ao seu centro escolar Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro. Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción. O importe da actividade é de 27,98€ abonados/sócio e de 55,95€ eventuais por curso (8 meses, dende Outubro ata Maio, seguindo o calendario escolar).

O prazo de inscripción comprende:

  • Escolas unitarias: dende o luns 25 ata o mércores 27 de setembro no CDM de Arteixo.
  • CEIP Ponte dos Brozos: dende o luns 25 ata o mércores 27 de setembro no CDM de Arteixo.
  • CEIP Arteixo: dende o mércores 20 ata o venres 22 de setembro no CDM de Arteixo.
  • CEIP Galán: dende o luns 25 ata o mércores 27 de setembro no CDM Pastoriza-Meicende.
  • CEIP San Xosé Obreiro: dende o mércores 20 ata o venres 22 de Setembro no CDM Pastoriza-Meicende.

Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:

CEIP Ponte dos Brozos

  • Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
  • Luns ás 16:45h (servizo de transporte non incluído). Os pais teñen que traelos e recollelos ao finalizar
  • Mércores e xoves ás 16:00 (servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan o transporte escolar. Um monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.

CEIP Arteixo

  • Luns ou martes ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Arteixo. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
  • Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal.

CEIP Galán

  • Luns ou martes ás 16.45 h (Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal)

CEIP Meicende

  • Xoves ás 16.45 h (Os nenos/as  terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal)

Escolas Unitarias

  • Mércores ás 16.45 h (Os nenos/as  terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal)

A actividade está dirixida a alumnos de ensinanza primaria, sendo imprescindible que as persoas participantes sexan autónomas no vestiario. Prazas limitadas por riguroso orden de inscripción.

Para mais información e inscricións diríxanse á recepción das instalacións correspondentes:

  • Complexo Deportivo Municipal de Arteixo: 981633444.
  • Complexo Deportivo Municipal de Pastoriza- Meicende: 981798147

Más en Arteixo