O PSOE de Arteixo insta ao goberno local a mobilizar os recursos da SAREB no concello para ofertar alugueiro social
O Grupo Municipal Socialista leva ao pleno de abril unha moción para que o goberno local participe no novo Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria mobilizando os recursos que ten a SAREB en Arteixo para ofertar alugueiro social.
A voceira do grupo municipal socialista e candidata á alcaldía de Arteixo, Patricia Boedo, explica que “a vivenda comeza a converterse nun factor de exclusión e segregación social que non podemos permitir”. Boedo denuncia que, según o INE de 2021, en Arteixo existen 3.918 vivendas baleiras, o 22,2% do parque inmobiliario. Isto demostra “un uso ineficiente do espazo urbano e prácticas contrarias á función social da propiedade”, engade.
“Pese a existencia desa vivenda baleira, os prezos dos alugueres son moi elevados para as familias con menos capacidade adquisitiva e os xóvenes” sinala a concelleira socialista. Ademáis, recorda os prezos elevados que tamén ten a nova vivenda, “carecendo de ningún tipo de iniciativa de vivenda social pública ou privada e ningún tipo de programa de alugueiro social por parte do concello”.
Según datos que constan na web da “Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Reestructuración Bancaria” (SAREB) , Arteixo ten 23 vivendas e 8 solos da sociedade. O grupo municipal socialista instará ao goberno local a participar no novo Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria presentado polo goberno do estado.
Vivendas sociais do ámbito nacional
O Consello de Ministros ven de presentar o Plan da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB) que destinará ata 50.000 vivendas para alugueiro social e asequible, procedentes da súa carteira de inmobles e a cesión de solo urbanizable.
Esta iniciativa súmase ás actuacións previstas no Plan Estatal de Acceso á Vivenda 2022-2023, como o Bono de Alugueiro Novo e as axudas á rehabilitación e eficiencia enerxética, e ten como obxectivo incrementar o parque público de vivenda en 100.000 unidades.
A SAREB dispón dun 'stock' potencial de vivenda terminada de 21.000 unidades, ademais doutras 14.000 habitadas e de solo dispoñible para a promoción de ata 15.000 novas vivendas. O plan consta de tres eixos: a mobilización das 21.000 vivendas para uso social, a xestión proactiva das 14.000 vivendas xa habitadas e a cesión de solo urbanizables.
Polas informacións aparecidas, as 21.000 vivendas da SAREB identificadas para uso social mobilizaranse a través de acordos de venda ás comunidades autónomas e concellos para alugueiro social alcanzable. O executivo central tamén poñerá en marcha un proxecto de cesión de chan urbanizable mediante un esquema de colaboración público-privada. A entidade conta con terreos para construír unhas 15.000 vivendas adicionais destinadas ao aluguer social asequible.