López, actual portavoz municipal, pedirá o apoio da Asemblea Local para darlle continuidade a “un proxecto xoven e ilusionante”
En Arteixo, a agrupación municipal liderada por Simón López, chega a este momento consolidada como a principal referencia da oposición al actual gobierno local. Tralas primarias autonómicas e provinciais, o PSdeG-PSOE afrontará nos próximos meses a renovación dos seus órganos de dirección.
Lembramos que López asumiu a Secretaría Xeral en febreiro de 2018. En agosto do 2020 accedeu á portavocía do Grupo Municipal co encargo de darlle visibilidade ao traballo de toda a organización. Unha responsabilidade compartida cos outros cinco concelleiros e concelleiras e o resto da Executiva Socialista.
Na próxima Asemblea Local, que se celebrará nas próximas semanas, Simón López volverá pedir o respaldo de toda a militancia para seguir á fronte da Agrupación. Farao coa intención de “avanzar no deseño dunha alternativa ilusionante e xoven, que permitirá obter o respaldo maioritario da veciñanza. López considera que será fundamental, para o futuro da organización, “darlle continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos meses".
Os principais eixos do proxecto socialista xa foron definidos no presente mandato. Se puxo o foco nas cuestións que máis preocupan á xente de Arteixo. “A redacción dun PXOM, a supresión da peaxe de Pastoriza, a construción dos novos centros educativos ou a reactivación da economía local figuran entre os principais retos. "E os socialistas estamos preparados para asumilos”, indica el candidato.
Un proxecto integrador
O actual Secretario Xeral dos Socialistas de Arteixo optará á reelección cun proxecto integrador. Aposta pola "incorporación na estrutura orgánica do partido, a nivel local, de todas as persoas con ganas de traballar pola construción do Arteixo que merecemos”. De cara ao próximo ano e medio, o equipo encabezado por López marcarase os obxectivos de fortalecer o traballo e a unidade interna. Tamén continuará traballando por " impulsar a participación activa da militancia na toma de decisións e o deseño de novas propostas para intensificar a relación co tecido veciñal".