Os Reis Magos voltan a Arteixo
Desde o 2 ao 5 de xaneiro de 2023 os Reis Magos visitan as parroquias e o casco urbano do concello
Este ano os Reis Magos retoman as suas visitas ás parroquias do noso Concello os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Tamén farán o tradicional percorrido polas rúas do núcleo urbano de Arteixo o día 5. Para cerrar a festa, recibirán aos nenos e nenas no Pazo dos Deportes ao remate da cabalgata. Todo o calendario na imaxe de debaixo.
Desde o concello anuncian que "se queres falar cun dos Reis o día 5 no Pazo dos Deportes, o día 2 de xaneiro temos un formulario para que poidas pedir a túa Cita co Nadal. Escolle a hora que prefiras entre as dispoñibles no despregable. En cada cita podedes acudir un mínimo de 2 persoas (1 adulto/a e 1 cativo/a) e un máximo de 5 persoas entre grandes e pequenos/as (máximo 2 adultos/as e 3 cativos/as)".
Se queres participar como figurante na Cabalgata do día 5, podes inscribirte no seguinte formulario, do 19 ao 26 de decembro https://citaconadal.gal/ Lembramos que o pasado ano las restricciones sanitarias impidieron desarrollar a tradicional cabalgata.