Desde a praia de Sabón ata a de Valcobo, o roteiro será o 18 de xuño
A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo organiza xunto a Xabier Maceiras un roteiro pola costa arteixá. Trátase dunha saída literaria con el escritor onde se fan referencias escritas que existen sobre lugares ou acontecementos sucedidos na costa do concello. A cita é o 18 de xuño ás 11:00 horas no aparcadoiro da praia de Sabón. Inscrición previa no teléfono 981 659106 da Biblioteca Central "Henrique Rabuñal".