Sábado 24 tarde de teatro: Eclipses

A Asociación Teatral Paso de Valverde invita, o sábado 24 ás 20h na Avda dos bosques 14 - Arteixo, a ver a obra: ECLIPSES. Dicen dela "Convencionalmente dividida en tres partes: A VIDA (9 entradas)...

A Asociación Teatral Paso de Valverde invita, o sábado 24 ás 20h na Avda dos bosques 14 - Arteixo, a ver a obra: ECLIPSES. Dicen dela "Convencionalmente dividida en tres partes: A VIDA (9 entradas), O TEATRO (4) e A GUERRA (5), esta revista escénica que titulamos ECLIPSES ten a súa orixe na ironía crítica dos textos, nacidos para perforar, entre ruidosos e cluniacenses, as entrañas dese silencio que titulamos "calar a boca". Parellas, amantes, familias, reis, meniños, actrices, espectadores, trincheiras, soldados, prostitutas, mandos militares... etc., desfilan por este patio entre as vogais do pasodoble e as sombras dun clarinete revoltado.

En ECLIPSES nada se perde. Catro actores para mais de trinta personaxes de ambos sexos, música e execucións dancísticas en directo, perspectivas sen lente, efectos especiais manuais e outros varios aditivos, ornan –sen chegar a desacreditar (imaxinamos)– esta alfaia: un anel que (imaxinamos tamén) non lle acaería mal ao luminoso panorama desta hora...

REPARTO

Intérpretes....................... Álvaro Cabarcos

Rubén Espejo

Brandán Lourenzo

Manuel Lourenzo

Músico............................. Brandán Lourenzo

Espazo

Indumentaria

Atrezzo............................ Casahamlet

Deseño Gráfico

Fotografía....................... José León

Produción............................. Montserrat Modia

Dramaturxia

Dirección………………….... Manuel Lourenzo