A Xunta de Galicia eo concello de Arteixo asinan o acordo para executar o saneamento en Monteagudo.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, eo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, asinan o convenio para executar a primeira fase do saneamento na parroquia de Monteagudo. A coantía ascende a 545.000 euros.
Así, a Xunta, a través de Augas de Galicia, financiará o 80% dos traballos, cunha achega de 436.000 euros. Pola súa banda, o Concello financiará o 20% restante, 109.00 euros.
Ademais a execución dos traballos será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). A cofinanciación se produce no marco do programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.
O obxectivo das actuacións é dotar de servizo de saneamento á totalidade das vivendas da parroquia de Monteagudo, enlazando coa rede existente. A solución proxectada é unha rede de ramais de saneamento que colecte as augas residuais das vivendas non conectadas actualmente á rede municipal.
Dicir que esta primeira fase proxéctase dar servizo ás vivendas situadas na parte alta do núcleo mediante a execución dun novo colector que se conecte coa rede existente, substituíndo o actual, que presenta problemas de cotas.
No núcleo do Coto conectarase a rede de colectores coa rede existente. En Vilela, A Rocha, A Perillona e A Ibia, executaranse ramais que dotarán de conexión o bombeo existente na área recreativa dos Barreiros. Existe un cruzamento co rego das Ibias, que precisará da execución dun bombeo previo para salvar o cruce.
Tamén no núcleo do Freixal acometerase un ramal que conectará coa rede existente por gravidade.
Para rematar, nos núcleos da Casanova e Ramilo, prevense dous ramais de colectores por gravidade que confluirán no punto baixo onde se proxecta un bombeo que o conectará coa rede existente.