Do 23 ao 25 de outubro a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en cooperación co Instituto de la Juventud organizou o Evento Anual do Servizo de Voluntariado Europeo. Nas actividades, participaron máis de 100 mozos e mozas procedentes de toda España que desenvolveron no pasado ano un traballo voluntario dentro do programa Erasmus Plus.
A través de actividades dinámico e participativo, os ex voluntarios tiveron a oportunidade de reflexionar e poñer en común a aprendizaxe adquirida durante as súas estancias europeas. O grupo de facilitadores conseguiu mostrar a valía das habilidade, destrezas e competencias acadadas á hora de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas. Os participantes puideron tamén percorreron un tramo do camiño francés ao seu paso pola vila de Melide acompañados polo Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a Directora de Xuventude, Cecilia Vázquez e a Alcaldesa de Melide, Dalia García.
Qué é o SVE?
Unha experiencia de aprendizaxe non formal que permite a realización dun período de traballo como voluntario nun país da Unión Europea diferente ao de residencia. Os proxectos de SVE teñen unha duración de entre 2-12 meses e ofrecen a posibilidade de vivir noutro país, practicar unha inmersión cultural e lingüística integral e realizar un servizo de beneficio para a comunidade. O SVE está financiado íntegramente polo programa ERASMUS PLUS: XUVENTUDE dentro da Acción Clave 1:Mobilidade xuvenil
A quen vai dirixido?
Poden participar mozos e mozas de entre 17 e 30 anos, residentes na UE ou en países veciños á UE. O perfil de participante é moi diverso anque gozan de prioridade aqueles candidatos que estén en risco de exclusión social, teñan obstáculos xeográficos, económicos ou culturais. O programa ansía a igualdade de oportunidades e apoiar aqueles colectivos con máis dificultades para a mobilidade na UE.
Como podo participar?
Os mozos e mozas interesados poden consultar unha base de datos europea (https://europa.eu/youth/evs_database) na que se recollen todas aquelas entidades acreditadas para acoller voluntarios. Os interesados poden filtrar a súa busca por países, áreas de traballo, temáticas entre outros. Cada entidade inclúe unha descripción do traballo de voluntariado que oferta, así como un pequeno resumo das facilidades que ofrece. Os candidatos deben contactar coas entidades acreditadas para coñecer se existe algún proceso de selección aberto para o futuro. Cabe destacar que o voluntario precisa dunha organización de envío que se responsabilice dunha formación previa ao inicio do SVE e dun apoio durante a súa estancia. Na mesma base de datos figuran as entidades acreditadas en Galicia para enviar voluntarios.
Qué gastos están cubertos pola entidade de acollida?
Dacordo coa Guía do Programa Erasmus Plus, os voluntarios teñen garantizado aloxamento, manutención e desplazamento ata o centro de traballo donde desempeñarán as súas funcións como voluntarios. A maiores, teñen dereito a un diñeiro de peto que varía en función do país no que se realiza o SVE. Por poñer exemplos, en España reciben 105€, Reino Unido 150€ ou en Estonia 85€.
Condicións laborais
O voluntario non sustitúe ningún posto de traballo e dispón de dous días libres á semana, así como outros dous días ao mes como vacacións por cada mes de servizo. Un Servizo de Voluntarido debe constar dunhas 30 horas nas que se inclúen actividades de aprendizaxe do idioma, integración cultural ou outras que garanticen unha dimensión cultural do proxecto.
Formacións
Os voluntarios reciben formación de apoio previa á saída, por parte das organizacións de envío e unha formación á chegada no país de orixen. Do mesmo xeito, as entidades de envío en cooperación coas axencias nacionais europeas organizan unha formación de inicio de actividade para concienciar das posibilidades de aprendizaxe de cada proxecto, da realidade do SVE e dos dereitos e deberes que teñen como voluntarios.
O SVE é cada vez máis popular entre os mozos e mozas europeos, así, nos países nórdicos é moi frecuente que se realice nada máis rematar o Bacharelato coa idea de madurar a decisión de qué estudos cursar. Trátase dunha posibilidade moi interesante para traballar as habilidades blandas e mellorar o CV, ofrecer unha axuda á comunidade e fomentar os valores europeos da tolerancia, o multiculturalismo e a solidariede.
Para máis información botádelle un ollo a web da Axencia Nacional Española para o Programa ERASMUS PLUS (www.erasmusplus.injuve.es).
Recordade que os compañeiros de Xuventude Punto Net están permanentemente actualizando as redes sociais de Twitter e Facebook para que non vos perdades ningunha oportunidade ( http://xuventude.xunta.es).
Fernando Rodríguez Castro / Rede Galega de Dinamización Xuvenil