A consellería de Educación anunciou un investimento de 2 millóns de euros para ampliar os talleres do IES Antón Losada Diéguez.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou o luns 10 de xaneiro un investimento de 2 millóns de euros para ampliar os talleres de FP do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, na Estrada. Esta actuación permite contar cos espazos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos ciclos de Madeira, Moble e Cortiza.
Neste punto ademais, o conselleiro de Educación reafirmou "o compromiso do Goberno galego coa FP e, especialmente, coa súa conexión co entorno. Os ciclos da familia profesional da Madeira son tremendamente importantes na Estrada, xa que están moi vencellados coa economía local e a estrutura produtiva local”. Tamén destacou a súa capacidade para formar profesionais “que doten de capacidade de innovación e de medrar ás empresas do sector do moble”.
Tamén aclarar que o proxecto de amplicación está nestes momentos en fase de redacción. A previsión é licitalo en abril e adxudicar as obras, que terían un prazo de execución de arredor de seis meses, durante o verán de 2022.
Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Por outra banda, a ampliación do centro realizarase mediante a construción dun edificio destinado a taller para os devanditos ciclos. A nova edificación situarase nunha das pistas deportivas existentes, fronte ao edificio do ximnasio, e o edificio vai a estar adaptado ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.Contará cunha superficie útil de 1.270 m², que se distribuirán en dous andares:
- na planta baixa situaranse as aulas polivalente e técnica, os vestiarios e o cuarto de limpeza e instalacións.
- na alta, o almacén, a sala de profesores e os talleres de Carpintería e moble, de Mecanizado, e de Montaxe.