O Sergas estende a todas as áreas sanitarias o test que se fai sen baixar do coche. Esta medida é só para pacientes con indicación médica y cita previa.
O Servizo Galego de Saúde implanta en todas as áreas sanitarias un novo sistema para realizar as probas do coronavirus.
Pero para acceder a este servizo é necesario que o facultativo de referencia prescriba a realización do test no marco dos criterios establecidos nos protocolos. Ademais esta proba queda rexistrada na historia clínica electrónica de cada paciente.
O obxectivo desta medida é complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio. Nos últimos días crece a demanda da proba.
Vantaxes do test
Tamén o test ten a vantaxe de axilizar tempos pois
posibilita que os cidadáns se despracen en coche ao hospital.
Ademáis disminúe u uso dos equipos de protección individual (EPI). Os profesionais só utilizan deste xeito un equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambiarse con cada paciente.
Por outra banda, consellería de Sanidade sigue a recordar que empreguemos o número 061 só para emerxencias ou casos graves.
Ademáis aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Tamén sinalar que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coa información necesaria sobre o coronavirus e tamén sobre o test.