Cortes de carrís entre Arteixo e Carballo
As obras desde Arteixo a Carballo consisten no estendido de microeglomerado en varios treitos entre os puntos quilométricos 16 e 29 da autoestrada
A Xunta de Galicia inicia maña, 6 de abril, a mellora do firme na autoestrada AG-55 entre Arteixo e Carballo. Os traballos poden facer necesario cortes puntuais de carrís no tramo entre concellos.
As obras, que duran ata o venres, consisten no estendido de microaglomerado en frío en varios treitos de ambas as calzadas entre os puntos quilométricos 16 e 29 desta autoestrada. Para poder acometer estas actuacións de conservación será preciso realizar cortes de tráfico puntuais nun carril, permitindo a circulación alternativa polo outro. Esta intervención permitirá mellorar a adherencia dos neumáticos neste tramo e evitar o deterioro do firme, reforzando a seguridade viaria.
No seguinte cadro indícase a programación dos cortes previstos esta semana:
PK inicio PK fin CARRIL CALZADA DÍAS 16+000 17+760 Esquerdo Crecente 6 e 7 de abril 18+700 17+000 Alterno Decrecente 6 ao 8 de abril 21+000 23+100 Dereito Crecente 7 e 8 de abril 25+000 28+500 Esquerdo Crecente 6 e 7 de abril 27+000 29+200 Dereito Crecente 7 e 8 de abril 27+600 23+000 Alterno Decrecente 8 e 9 de abril