Lete anima aos pilotos galegos a plantarlle cara aos actuais campions de trial en Arteixo.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na tardiña do venres 14 de marzo, da cerimonia de apertura e presentación de
pilotos da primeira proba do Mundial de Trial en Arteixo GP que se está a celebrar esta fin de semana.
Ademais Lete Lasa destacou a Gabriel Marcelli, do Rosal, e a Jorge Casales, de Vigo, - ambos patrocinados pola Xunta- para pelexar polo mundial de trial que contará con outras sete probas en Portugal, Xapón, San Marino, Italia, Andorra e dous eventos en Francia. Tamén Lete amosou o seu desexo de que o mundial poida contar pronto cunha piloto galega.
Aposta da Xunta
Neste sentido, Lete Lasa fixo fincapé na enorme calidade dos máis de cen pilotos de todo o mundo presentes en Arteixo. O secretario xeral para o Deporte destacou a aposta da Xunta de Galicia polo motor e especialmente polo motociclismo, lembrando que a Federación Galega de Motociclismo vén de ver incrementado o seu convenio de colaboración nun 7%, que o motocilismo vén de incorporarse ao Programa Xogade para os rapaces de entre 6 e 16 anos ou que outros dous pilotos como Jorge Prado e Rubén Fernández -tamén patrocinados pola Xunta- ocupan o primeiro e o sexto posto respectivamente do mundial de motocrós.