1.247 pacientes en seguimento domiciliario

Pacientes por coronavirus xoves 26 de marzo
Datos de pacientes. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832...

A última hora do coronavirus en Galicia apunta a 1.247 pacientes en seguimiento domiciliario por coronavirus e 1.832 casos infectados en Galicia.

Segundo fontes da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832:  438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol.

Ademais,

dos pacientes positivos: 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización

e 1.247 no domicilio.

Tamén polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos.

Os últimos falecementos corresponden a catro varóns:

  • un deles de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense
  • ademáis doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo
  • outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago
  • e un home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol

Se da o caso que os catro falecementos tiñan patoloxías previas.

Por outra banda, o número de PCR realizadas é de 8.805.

Incorporación de novos profesionais para á atención de pacientes por coronavirus

En outro orden de asuntos, o Diario Oficial de Galicia publicou o mércoles día 25 de marzo, a Orde da consellería de Sanidade pola que se encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación de determinadas especialidades o exercicio provisional das funcións de: facultativo adxunto especialista; médico de familia de atención primaria; pediatra de atención primaria ou enfermeiro especialista.

Esta situación manterase durante a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo coronavirus.

Deste xeito, establécese a prórroga da contratación de residentes en último ano de formación tal como esixe a norma estatal, das seguintes especialidades:

  • Xeriatría
  • Medicina do Traballo
  • Medicina Familiar e Comunitaria
  • Medicina Intensiva
  • Medicina Interna
  • Medicina Preventiva e Saúde Pública
  • Pneumoloxía
  • Pediatría e as súas áreas específicas
  • Radiodiagnóstico
  • Microbioloxía e Parasitoloxía
  • Anestesioloxía e Reanimación
  • Enfermería do Traballo
  • Enfermería Familiar e Comunitaria
  • Enfermería Xeriátrica
  • Enfermería Pediátrica