A última hora do coronavirus en Galicia apunta a 1.247 pacientes en seguimiento domiciliario por coronavirus e 1.832 casos infectados en Galicia.
Segundo fontes da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832: 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol.
Ademais,
dos pacientes positivos: 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización
e 1.247 no domicilio.
Tamén polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos.
Os últimos falecementos corresponden a catro varóns:
- un deles de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense
- ademáis doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo
- outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago
- e un home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol
Se da o caso que os catro falecementos tiñan patoloxías previas.
Por outra banda, o número de PCR realizadas é de 8.805.
Incorporación de novos profesionais para á atención de pacientes por coronavirus
En outro orden de asuntos, o Diario Oficial de Galicia publicou o mércoles día 25 de marzo, a Orde da consellería de Sanidade pola que se encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación de determinadas especialidades o exercicio provisional das funcións de: facultativo adxunto especialista; médico de familia de atención primaria; pediatra de atención primaria ou enfermeiro especialista.
Esta situación manterase durante a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo coronavirus.
Deste xeito, establécese a prórroga da contratación de residentes en último ano de formación tal como esixe a norma estatal, das seguintes especialidades:
- Xeriatría
- Medicina do Traballo
- Medicina Familiar e Comunitaria
- Medicina Intensiva
- Medicina Interna
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Pneumoloxía
- Pediatría e as súas áreas específicas
- Radiodiagnóstico
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Anestesioloxía e Reanimación
- Enfermería do Traballo
- Enfermería Familiar e Comunitaria
- Enfermería Xeriátrica
- Enfermería Pediátrica