Adxudicadas as obras de urbanización da 3a fase do parque empresarial de Morás

A Xunta de Galicia adxudicou as obras de urbanización da fase C do parque empresarial de Morás, así como os contratos para a dirección das obras...
Adxudicadas as obras de urbanización da 3a fase do parque empresarial de Morás.
photo_camera Parque empresarial de Morás.

A Xunta de Galicia adxudicou as obras de urbanización da fase C do parque empresarial de Morás.

A Xunta de Galicia adxudicou as obras de urbanización da fase C do parque empresarial de Morás, no concello de Arteixo, así como os contratos para a dirección das obras, control de calidade e coordinación, seguridade e saúde. 

Este contrato, que foi adxudicado polo consello de administración da empresa pública Xestur por un importe de preto de 4,2 millóns de euros e un prazo de execución de 14 meses, servirá para urbanizar unha superficie total de 227.554 metros cadrados, dos que máis de 98.000 corresponderán a parcelas.

Os contratos de dirección de obras, control de calidade e coordinación, seguridade e saúde adxudícanse por un importe global de 161.520,72 euros.

Cómpre lembrar que na actualidade están urbanizadas e en servizo as fases A e B do parque empresarial, cunha superficie total de parcelas de 803.597 metros cadrados, dos que están adxudicados ou reservados máis do 95 por cento (preto de 764.000 metros cadrados).

Más en Arteixo