Dende o Equipo de Convivencia do CEIP de Galán, como xa é costume dende hai tres anos, aplicouse a terceira dose da vacina contra a violencia baixo o lema “Ti respectas? Eu respecto”. Porque o respecto é a base de toda convivencia, para construir unha sociedade mellor, na que ningún tipo de violencia teña cabida e por suposto a violencia de xénero, razón pola que se celebra todos os 25 de novembro o Día Internacional contra a violencia de xénero.
O CEIP de Galán, celebra este día dunha maneira lúdica, un día distinto para o alumnado dende infantil ata sexto de Primaria, que ao mesmo tempo que se divertían recibindo a “vacina” da doutora Loli e o seu adxunto Miguel, concienciábanse da importancia da necesidade de eliminar a violencia de xénero das nosas vidas e da nosa sociedade.