“A Verdadeira Historia de Carapuchiña”, de Candela Ramos, premiada no concurso "Ciencia que conta"
Estes premios están organizados polo Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo, coa colaboración de EducaBarrié, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnoloxía e a Xunta de Galicia.
Os alumnos tratan de desenvolver un relato curto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple.
O CEIP Ponte dos Brozos por outra banda acadou unha Mención Honorífica no I Premio Nacional GSD, de Innovación Educativa polo traballo “Estudo das posibilidades didácticas da Realidade Aumentada aplicada á Historia”. Ademáis o CEIP Ponte dos Brozos participa no Proxecto Arteixo Innovación - Educación, desenvolvido polo Concello de Arteixo para a experimentación e posta en práctica da innovación educativa mediante o uso das TIC na práctica docente diaria.