A alumna Candela Ramos Rey, de 3º de Educación Primaria do CEIP Ponte dos Brozos, resultou premiada na categoría de alumnado de Educación Primaria no concurso CIENCIA QUE CONTA, polo relato “A Verdadeira Historia de Carapuchiña”.
Estes premios están organizados polo Grupo DIVULGATIA, da Universidade de Vigo, coa colaboración de EducaBarrié, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnoloxía e a Xunta de Galicia.
Os alumnos tratan de desenvolver un relato curto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple.
O CEIP Ponte dos Brozos por outra banda acadou unha Mención Honorífica no I Premio Nacional GSD, de Innovación Educativa polo traballo “Estudo das posibilidades didácticas da Realidade Aumentada aplicada á Historia”. Ademáis o CEIP Ponte dos Brozos participa no Proxecto Arteixo Innovación - Educación, desenvolvido polo Concello de Arteixo para a experimentación e posta en práctica da innovación educativa mediante o uso das TIC na práctica docente diaria.