VI concurso de curtometraxes relacionado coa doazón e os transplantes

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere convidar a todos os alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior de Galicia a tomar parte no VI Concurso Universitario de Curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes.

As bases da convocatorias deste certame pode descargarse no seguinte enlace da páxina web de ADOS:

VI Concurso de Curtas para escolares:

https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx?tipo=paxtxt&idLista=3&idContido=473&migtab=473&idTax=9407

Participantes

Na sexta edición do concurso de curtametraxes para escolares, poden participar os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio de todos os centros educativos de Galicia que presenten traballos , individuais ou en grupo de ata cinco autores por cada curta presentada, e unha duración máxima de catro minutos.

Así mesmo, as curtametraxes, que deberán ser orixinais e inéditas, poden ser mudas ou sonoras, en galego normativo e técnica libre, podendo gravarse en calquera dispositivo, mesmo teléfonos móbiles. A data límite para a presentación de traballos conclúe o día 28 de abril.

Os traballos gañadores da última convocatoria deste certame para estudantes de ensino medio atópanse colgadas na canle de YouTube da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue: https://www.youtube.com/channel/UCL2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ

ADOS quere animar a que tomen parte nesta iniciativa todos os estudantes galegos, xa que esta iniciativa promove unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón entre os nosos mozos, permitíndolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sociosanitario.