Vieiro e Carballo xuntos na prevención das drogodependencias

convenio programas adiciones carballo
photo_camera Firma do convenio entre Vieiro e o Concello carballés Foto: Concello de Carballo

O Concello de Carballo e a Asociación Antidroga Vieiro renovan o convenio de colaboración para a prevención das drogodependencias.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou o 27 de decembro, un novo convenio anual de colaboración coa Asociación Antidroga Vieiro. Ao acto, celebrado na Alcaldía, asistiu tamén a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. Tamén a presidenta de Vieiro Fina Rey e o seu vicepresidente, Xosé María Arán.

Así, o Concello realiza unha achega de 6.000 euros para financiar o programa de prevención da exclusión social que promove a entidade. O obxecto é o desenvolvemento dos programas de saúde e prevención en drogodependencias e outras condutas adictivas nos ámbitos comunitario, escolar, familiar, xuvenil e laboral, ademais do programa de formación e información.

Con respecto a este último, segundo o balance anual que vén de presentar a entidade, no 2022 foron atendidas un total 349 persoas.

Ademais, a Asociación Vieiro tamén recibe este ano 7.166,95 euros para o desenvolvemento do programa escolar de educación afectivo-sexual Quéreme ben, neste caso con cargo á liña de subvencións convocada pola concellaría de Igualdade e Benestar para as entidades que desenvolven o seu labor no ámbito social.

A asociación Vieiro

Vieiro é unha asociación sin ánimo de lucro. Está declarada de interés en materia de drogodependencias pola Xunta de Galicia. Colabora desde fai años co Plan galego Sobre Drogas e o concello de Carballo. No municipio, é unha entidade prestadora de servizos en Prevención de Drogodependencias. "Foi creada, din, como consecuencia da grave e compleza realidade das drogas tóxicas que no seu momento azotaban a Carballo".