Xa chega o certame de narracións breve Manuel Murguía, un referente na cultura galega

O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía chega xa á 28 edición. Este concurso literario está consolidado na literatura galega, converténdose nun evento de trascendencia no calendario cultural.

Dende o seu nacemento, o Certame destaca polo seu compromiso coa literatura en galego e a promoción de novos e novas creadoras. Un ano máis, neste 2019, o Certame servirá para poñer o foco no concello de Arteixo e na creación cultural.

O crecemento deste certame é posible grazas ao compromiso de todo o equipo que participa na súa organización, así como a profesionalidade coa que se desenvolve. Ademais, a calidade dos relatos presentados coloca a este certame entre os máis importantes de todo o panorama cultural galego. O certame caracterizase polo seu rigor e pluralidade pois se basea en cuestións estrictamente literarias e a tolerancia gráfica.

Neste vixésimo octava edición espérase de novo unha importante cantidade de relatos. Cada ano o xurado debe decidir o premio entre máis de 60 obras. Para definir o gañador ou gañadora, o xurado será designado polo Concello de Arteixo e estará constituído por membros de recoñecida solvencia. Para garantizar a profesionalidade do xurado, o certamecontatamén coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega da Crítica (AGC).

Un ano máis, o Certame abre a convocatoria para a recepción das obras que poderán enviarse até o 15 de febreiro de 2019. Poderán participar no certame todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega. Os relatos presentados deben ser orixinais e inéditos cunha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30.

O Certame de narracións breves Manuel Murguía terá na súa nova edición unha dotación para premios de 5.300 euros o que supón un aumento na dotación respecto da pasada edición. O premio da obra gañadora pasa dos 3.000 aos 4.000 euros ademais da publicación da obra. O segundo premio auméntase dos 500 aos 1.000 euros e o terceiro premio estará dotado nesta edición con 500 euros, 200 euros máis que na pasada edición.

Para coñecer a obra gañadora, haberá que esperar até o 10 de Maio. Día no que se entregarán os premios nun acto aberto ao público.

BASES

  1. Poderán concorrer todas as autoras e autores que o desexen cunha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
  2. Os relatos, que deberán ser orixinais e inéditos en calquera soporte (papel, electrónico, etc.), deberán ofrecer unha extensión non inferior a 15 páxinas nin superior a 30, estar escritos con letra arial, corpo 12 e tamaño DIN A4.
  3. Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a duplo espazo, por unha soa cara e incluirán unicamente na portada o título da obra e un lema ou pseudónimo. Xuntarase unha copia do texto nun PEN ou CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado, no que tamén serán visibles o título e o lema, achegaranse no seu interior o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono, unha fotocopia do DNI e o currículo do autor ou autora.
  4. As obras deberán enviarse facendo constar no sobre “28º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía” até o 15 de febreiro de 2019 ao seguinte enderezo.

"Concello de Arteixo Praza Alcalde R Dopico, nº 1 15142 Arteixo A Coruña"

  1. Establécense tres premios: un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 1.500,00 € e un terceiro de 600,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención. Os galardóns poden declararse desertos.
  2. O xurado, constituído por membros de recoñecida solvencia, será designado polo Concello de Arteixo e fará pública a súa decisión inapelable no mes de maio de 2019.
  3. Os tres finalistas deberán estar presentes o día 10 de maio no acto de entrega para recibir os premios, salvo ausencia debidamente xustificada.
  4. Os orixinais non premiados poderán ser devoltos, sempre que o soliciten os seus autores/as por escrito no prazo máximo dun mes a partir do ditame.
  5. No caso de que por iniciativa do Concello se editen os textos en papel, os dereitos derivados de tal publicación poderán ser aboados mediante a entrega dun número de exemplares calculado a tal efecto. Os autores farán constar en edicións en papel ou electrónicas posteriores da súa obra que foi premiada neste certame.
  6. A interpretación destas bases corresponde exclusivamente ó xurado. O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.