Estimular as vendas do sector hostaleiro, dinamizar as rúas de Arteixo, atraendo público ao casco urbán para que coñezan mellor a oferta hostaleira, comercial e do sector de servizos e sentar as bases dun roteiro habitual de tapas para calquera fin de semá, que esté presente na mente do consumidor, son os obxetivos desta nova edición do concurso de Tapas por Arteixo, organizado por Arteixo Centro Comercial Aberto, o patrocinio do Concello de Arteixo ea coaboración de Coca Cola.
Os 12 establecementos participantes servirán tapas de venres a domingo, do 25 ao 27 de agosto e do 1 ao 3 de septembro de 2017.
Nesta edición, o CCA de Arteixo, sorprende con novidades. En primeiro lugar, amplíase o concurso a 2 fins de semana. Tamén se amplían as categorías a concurso. Ata o de agora había un Premio á Mellor Tapa por Xurado Popular (os propios clientes) e outro Premio á Mellor Tapa por Xurado Profesional (integrado por profesores de cociña), pero nesta edición créase o Premio ao Mellor Servizo de Sala: O Servizo con máis Chispa! (camareiros/as).
Os clientes, cada 6 tapas consumidas e seladas nun roteiro, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa degustada e outro voto coa sua opinión de cal é o local que ofrece un mellor servizo. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das tapas, e 2 fins de semana divertidas cos amigos, todas as papeletas entran no sorteo de 1 premio de 300 € e 2 premios de 150 € en vales de compra para gastar nas case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que mostran na sua fachada a placa distintiva da asociación e que ademáis aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com
A Concelleira de Emprego do concello de Arteixo, , Patricia Amado, alaba estas iniciativas que ademáis levan a un repunte do emprego e as demandas de profesionais do sector como detectan no seu departamento en cada concurso.