A A.C. Monte da Estrela de Arteixo organiza, por cuarto ano consecutivo, as súas Xornadas de Patrimonio Cultural, que desta volta decorrerán os sábados 3 de novembro, 17 de novembro e 1 de decembro.
– 3 de novembro, 17h: xogos populares. Contaremos con membros da Liga Nacional de Billarda. Organizarase un aberto de billarda ao remate.
– 17 de novembro, 17h: a sidra, bebida tradicional galega a reivindicar. Contaremos coa presenza de Bieito Romero. Organizarase un magosto popular ao remate.
– 1 de decembro, 18h: palestra concerto, da música tradicional á música de autor. Contaremos coa presenza de Mini e Mero, de A Quenlla.
Todas as palestras decorrerán no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
http://montedaestrela.org/iv-xornadas-de-patrimonio-cultural