A evolución do papel da muller na política do concello de Arteixo
Unha investigación que pretende plasmar o desenvolvemento e a participación das mulleres na política local arteixá.
O franquismo supuxo unha dobre ditadura para as mulleres: pola perda de dereitos políticos que afectou a toda a sociedade, e pola volta á discriminación nos códigos penal e civil, que as converteu en menores de idade, dependentes dos seus pais ou maridos.
Os recentes avances na historia de xénero e das mulleres fixeron posible en primeiro lugar ampliar o coñecemento desta etapa coa incorporación das actividades, proxectos e propostas das mulleres, que enriqueceron o noso coñecemento sobre o antifranquismo e a Transición. En segundo lugar, tamén fixeron patente a necesidade de reflexionar sobre as oportunidades e as dificultades que atoparon algúns suxeitos históricos, como as mulleres, na construción do novo réxime político, e sobre como as súas reivindicacións ampliaron as marxes do sistema democrático e contribuíron a modernizar a sociedade española.
O franquismo supuxo unha dobre ditadura para as mulleres: pola perda de dereitos políticos que afectou a toda a sociedade, e pola volta á discriminación nos códigos penal e civil, que as converteu en menores de idade, dependentes dos seus pais ou maridos. O novo réxime reduciunas a nais e esposas, o que se traduciu na difusión dos valores nacionalcatólicos e severas políticas natalistas. As dúas institucións que encadraron ás mulleres foron: a Sección Feminina de FET e JONS, que desenvolveu tarefas de adoctrinamiento político e de xénero, e a Igrexa católica, omnipresente en todo acto público ou privado, que impuxo unha moral rigorista e moi esixente ás mulleres españolas.
Na posguerra, desatouse unha dura represión contra as mulleres que durante a II República ou a Guerra Civil tiñan defendido ou simpatizado co réxime republicano. As presas políticas viviron en condicións nefastas nas prisións, onde se lles negaba a súa condición de perseguidas políticas, identificándoas coas presas comúns. Outras tiveron que fuxir ao exilio no Norte de África, Francia, México e outras nacións, unha diáspora que para moitas supuxo a imposibilidade de regresar ao seu país.
A pesar de dita represión, a loita antifranquista continuou na clandestinidade, en especial en torno ao partido comunista. As «mulleres de presos», é dicir, familiares de encarcerados, comezaron a reunirse nas portas das prisións e desenvolveron un crecente compromiso político. Destas iniciativas, xurdiu en 1965 o Movemento Democrático de Mujeres.
O MDM impulsou a toma de conciencia política de moitas mulleres de presos, de barrios populares e traballadoras, convocando mobilizacións contra a carestía da vida e en defensa das liberdades.
Co tempo, no seo do MDM foise reflexionando sobre os problemas específicos das mulleres, afianzando o seu carácter feminista. No catolicismo, inmerso nos cambios provocados polo Concilio Vaticano II, mulleres vinculadas a asociacións como a Acción Católica e algunhas congregacións relixiosas empezaron a distanciarse do franquismo e comprometerse na loita contra o mesmo.
De forma paralela, algunhas intelectuais como María Laffitte, Lilí Álvarez, María Aurelia Capmany ou Lida Falcón escribiron sobre a situación das mulleres en España; xunto con algunhas lecturas como O segundo sexo de Simone de Beauvoir ou A mística da feminidade de Betty Friedan, foron fundamentais para estender as inquietudes sobre a situación de discriminación que vivían as mulleres.
Ademais, a partir dos anos sesenta experimentáronse importantes cambios na situación das mulleres en España, provocados pola modernización da economía, a ampliación do sistema educativo e o comezo dun cambio na moral e as costumes.
A industrialización provocada pola política desarrollista favoreceu a crecente presenza de traballadoras no mundo laboral, tanto no sector secundario como sobre todo no terciario: no servizo doméstico, o turismo, o comercio polo miúdo ou como secretarias e administrativas. Tamén empezou a ser máis frecuente que as mulleres desempeñasen profesións liberais, sen esquecer outras ocupacións tradicionalmente feminizadas, como o ensino ou a enfermaría. Nos fogares, a extensión dos electrodomésticos facilitou tamén o acceso das mulleres a traballos asalariados.
Este cambio económico requiría unha extensión e mellora do sistema educativo. Iso supuxo que na década do setenta as nenas e mozas alcanzasen a metade do alumnado do ensino primario e secundario, aínda que seguían a representar unha minoría na universidade.
O contacto coa liberalización das costumes das democracias europeas, por medio do cine e a música, o turismo ou a emigración, deron lugar a unha transformación paulatina das relacións sociais. As mulleres empezaron a vestir e a comportarse dunha maneira menos encorsetada, e as novas, sobre todo, empezaron a levar pantalóns e minisaias, a fumar e a conducir coches. Todos estes cambios contribuíron a socavar as bases ideolóxicas do franquismo.
A ampla mobilización social que se experimentou na España dos anos setenta en defensa de dereitos e liberdades produciuse con destacada efervescencia no ámbito laboral, pois o movemento obreiro protagonizou numerosas protestas.
Existía entón unha ampla presenza de mulleres no mundo do traballo, en especial no téxtil, o calzado, a industria alimentaria ou a química, e no sector terciario. En termos xerais, eran fundamentalmente mulleres novas, e ocupaban postos de baixa cualificación, responsabilidade e remuneración. O desenvolvismo destes anos supuxo así mesmo a emigración de numerosas traballadoras a países como Francia ou Alemaña, onde entraron en contacto con outros costumes e outros valores, e integráronse en colectividades españolas das que moitas veces formaban parte tamén quen tiveran de exiliarse.
En España, as obreiras e asalariadas reivindicaron unhas condicións laborais máis dignas. Porén, tamén participaron en todo tipo de protestas en demanda de dereitos específicos para as traballadoras: a non discriminación laboral por razón de sexo; igual salario por igual traballo; a apertura de gardarías e a extensión de servizos sociais para poder conciliar traballo e responsabilidades familiares; a regulación laboral do servizo doméstico, etc.
Con frecuencia, unhas estas reivindicacións adquirían un contido político, en contra da ditadura. Ademais, a participación de obreiras nestas protestas significou unha transgresión tanto nas empresas como nos ámbitos familiares e persoais.
Doutra banda, as traballadoras ingresaron en distintos sindicatos, en especial en Comisións Obreiras, a partir da súa militancia no PCE ou en organizacións cristiás como HOAC (Irmandade Obreira de Acción Católica) e JOC (Mocidade Obreira Cristiá). De acordo coa táctica do «entrismo» moitas foron elixidas delegadas e ligazóns no sindicato vertical franquista, para contribuír á súa desarticulación e reclamar dereitos laborais.
No seo de todas estas organizacións, aínda que se defendese a igualdade e os dereitos das traballadoras en diferentes xornadas e conferencias, a presenza de mulleres en postos directivos era moi baixa e pervivía o discurso, tradicional no movemento obreiro, de que os problemas das mulleres solucionaríanse cando se conseguisen as liberdades e de que reivindicar dereitos específicos para as traballadoras supoñía dividir á clase obreira.
Con todo, de forma progresiva a participación de mulleres nos sindicatos permitiu que estas agrupacións fosen incorporando aos poucos demandas igualitarias, tarefa que se articulou por medio de secretarías especializadas no traballo das mulleres.
O desenvolvismo provocou un forte éxodo rural e o crecemento rápido das cidades, ao acoller a numerosos continxentes de poboación que acudía a traballar aos sectores máis dinámicos da economía. Nas zonas urbanas proliferaron os barrios novos, alleos a calquera planificación e con numerosas carencias en infraestruturas e servizos básicos.
As mulleres que vivían nestes barrios protagonizaron a mobilización veciñal, debido, entre outras causas, á natureza das demandas das asociacións de veciños, vinculadas ás responsabilidades domésticas, que entón se consideraban unhas competencias exclusivamente femininas: servizos mínimos de auga, luz, rede de sumidoiros e recollida de lixo, iluminación pública e asfaltada de rúas, transporte, colexios, ambulatorios, zonas verdes. Foron espazos de aprendizaxe democrática e socialización política nos que moitas mulleres pasaron de coordinarse para reclamar melloras nos seus barrios para esixir a democracia nos concellos e a liberdade no país.
Nas organizacións veciñais con frecuencia creáronse vogalías de mulleres, que contribuíron á difusión de propostas feministas nos barrios (charlas sobre sexualidade e contracepción, sobre malos tratos, asesoría xurídica, etc.). Esta experiencia permitiu o contacto entre mulleres de clase popular e estudantes ou profesionais progresistas, que desenvolvían tarefas de atención médica ou legal básicas. Con todo, as asociacións veciñais adoitaban estar dirixidas por homes, aínda que nos cortes de tráfico, as protestas #ante a administración ou as manifestacións a presenza de mulleres fóra moi alta.
Aínda que menos importantes, outras organizacións destacadas foron as asociacións de amas de casa e consumidoras, creadas polas autoridades franquistas, pero que en ocasións evolucionaron cara á oposición á ditadura. A politización destas agrupacións viuse acompañada da súa evolución cara a formulacións feministas. Pedían mellores condicións de vida nos barrios, a igualdade entre mulleres e homes, e mesmo chegaron a reclamar a desaparición da figura do ama de casa e o acceso das mulleres ao traballo remunerado.
A transición na política local
No eido municipal, na década dos setenta tamen se producidu unha transición local no ámbito galego- Os aspectos máis destacadados dos mandatos locais neocensitarios renovados en 1973 foi a presenza de mulleres e a estrutura socioprofesional dos mesmos. Dos 3.021 mandatos rexistrados en Galicia (incluídos os alcaldes e os concelleiros non renovados, elixidos en 1970), só o 2,5 por 100 foron mulleres.
A maioría das mulleres obtiveron a súa representación polos terzos de entidades (lista de candidatos que propoñía o gobernador civil) e familiar (eleccións entre os veciños cabeza de familia). En canto á presidencia das alcaldías, dos 487 alcaldes rexistrados en Galicia dende 1973 ata 1979 só ocuparon este posto 7 mulleres.
En 1979 as mulleres que integran as candidaturas que competían en Galicia representaban o 8% de todas os candidatos sendo a esquerda a que máis espazo lles daba para facer política. Con todo, as que accedederon aos gobernos locais foron tan só o 4% sendo neste caso a maioría procedente de forzas políticas de dereitas.
As mulleres que alcanzan a alcaldía foron seis (1,9% cinco en Ourense e unha en Pontevedra, elixidas nas listas de Unión de de Centro Democrático (UCD) (catro) e de Coalición Democrática (dous). Coa particularidade de que dúas continúan como alcaldesas do período neocensitario e unha foi concelleira polo terzo de representación familiar.
As primeiras eleccións locais celebráronse en 1979, ao mes seguinte das segundas eleccións lexislativas estatais; con elas iníciase tanto o proceso que denominamos de transición local como o establecemento dun novo subsistema de partidos local.
A configuración deste xorde baixo as influencias do primeiro ciclo do sistema estatal e do subsistema galego; a súa continuidade acusa as variacións que se producen noutros ámbitos institucionais (Cortes Xerais e Parlamento de Galicia); pero tamén a dinámica da política local ten incidencia, á súa vez, sobre a política nacional e autonómica.
O subsistema de partidos local xorde da competición nas eleccións locais, que determinan os rendementos na representación dos gobernos municipais e provinciais.
O 3 de abril de 1979 celebráronse as primeiras eleccións municipais democráticas desde 1931 e deixábase atrás unha forma de elección arbitraria. Nesa xornada todo transcorreu sen incidentes e con normalidade. A votación, acompañada dunha forte abstención, non favoreceu á UCD (partido no Goberno).
A nivel xeral supuxo unha vitoria da esquerda nas grandes cidades e un avance dos nacionalismos. En Galicia, as urnas provocaron un cambio na gran maioría dos municipios, que deixaron atrás a alcaldes nomeados polo réxime franquista e recibiron aos elixidos polos cidadáns nas urnas.
Na nosa comunidade, a pesar de que a gran maioría dos votantes apoiaron á UCD, as eleccións locais de 1979 tamén depararon sorpresas. A nivel xeral, a formación de Adolfo Suárez obtivo 60 concelleiros nas principais cidades galegas fronte aos 38 do PSOE. En ningunha destas localidades houbo rexedor por maioría absoluta.
A esquerda fíxose con bastións importantes na comunidade, como A Coruña, Vigo e Ferrol. Na cidade herculina foi Domingos Merino o que logrou o bastón de mando. Chegou ao cargo encabezando a lista de Unidade Galega, coa que obtivo cinco concelleiros. Eran un menos que o PSdeG-PSOE, aínda que o chamado Pacto do Hostal permitiulle a Merino chegar á alcaldía a cambio do apoio aos candidatos socialistas nas candidaturas de Vigo e Ferrol. Na cidade olívica, Víctor Mouro levou o maior número de actas para UCD (9), pero sería o socialista Manuel Soto (8 edís) o elixido como alcalde.
Ao carón da Coruña, o noso concello tamén saiu a votar. En Arteixo o gañador das eleccións foi a Unión de Centro Democrático. Ernesto Pampín Gontán foi escollido alcalde máis a primeira forza da oposición foi o Bloque Nacionalista-Popular Galego. Nesa formación política destacaba a figura dunha muller: Estrela Iglesias.
Estrela entreu na política do concello despois de estar traballando no movemento veciña durante a dictadura. Non estaba adscrita a ningún partido mais si estaba moi involucrada con decisións que consideraba que eran boas para axudar a democratizar Arteixo e mellorar a vida dos veciños. Cando chegaron as eleccións, a Bloque Nacionalista Popular Galego decidiu propoñela como número un da candidatura pola súa capacidade dialéctiva e o seu bo manexo da lingua.
Estrela conta, nunha entrevista para este proxecto, que a primeira lexislatura foi un período de moita loita. “Nos sabiamos os problemas dos veciños porque estabamos con eles antes de entrar nas institucións. Foi unha etapa de moito enfrontamento. Puiden ver como había políticos que querían tapar o río para cumprir cos intereses da construción, algo que se fixo na urbanización SOLYMAR ao construila sen servizos básicos. Nas institucións enterábaste de todo. A miña familia non lle gustou moito a idea polo medo que había aínda as represalias da guerra civil”, narra a propia Estrela.
En 1983, produciuse un certo rexuvenecemento e cambio xeracional das elites políticas locais. Unha tendencia que si se observa no Estado, pero non en Galicia na mesma proporción.
En 1979, os mandatos locais menores de corenta anos representaban no Estado o 38%, e en Galicia, o 32%, mentres que os maiores de cincuenta anos son o 31 por 100 no Estado e o 35,7 por 100 en Galicia.
No entanto, as provincias que rexistran o perfil máis novo de mandatos locais son as da Coruña e Pontevedra. Nas locais de 1983 (Colomé, 1992: 187) prodúcese un rexuvenecemento en relación a 1979: os menores de trinta anos supoñen o 47,3 por 100 no total do Estado, e en Galicia, o 40,4 por 100. En materia de xénero ás diferencias son mínimas. As mulleres continúan tendo un papel minoritario en tódalas candidaturas locais.
Non obstante, a pesar dos escasos movementos en materia de xénero nestas eleccións, o fito máis importante en materia de igualdade foi a tranferencia das competencias en no ámbito de protección da muller. A administración do Estado realizou o traspaso a Galicia das funcións e servizos neste ámbito a través do Real Decreto 2834/1983, do 5 de outubro. A partir dese momento Galicia asumiu formalmente a competencia en materia de igualdade de xénero.
A chegada ó goberno do Estado do PSOE e de Felipe Gonzalez significou a materialización da transición cara a democracia e un empuxe para os movementos feministas. De feito, a maior parte da literatura académica considera que o feminismo institucional en España comeza propiamente no ano 1983, tras a creación do Instituto da Muller (IM).
O Instituto da Muller con maior rango xerárquico e máis capacidade de acción e recursos que o anterior, foi o encargado desde entón de implementar as políticas de xénero no nivel central de goberno. Deste xeito, debido á ditadura, o feminismo institucional en España comezou aproximadamente unha década máis tarde que noutros países occidentais, nos cales como vimos anteriormente este fenómeno desenvolveuse durante os anos 70.
Nas terceiras eleccións locais, de 1987, asistimos de novo a unha recolocación das elites locais neocensitarias, como consecuencia da mobilidade política na dereita, nacionalismo moderado e independentes. As mulleres continúan loitando polo seu espazo en política e son varias as que consiguen ser candidatas nas listas e sacar acta de conselleira. Con todo, o seu papel nos postos de responsabilidade do concello continúo sendo limitado.
As mulleres de arteixo no século XXI
A entrada no novo século trouxo consigo numerosos avances na inclusión das mulleres na política local tanto en Arteixo como no resto do Estado. Con todo, como vimos anteriormente, os postos de responsabilidade continuaron sendo lugares de resistencia masculina.
A evolución do número de alcaldesas en España desde 1999 até hoxe por partidos políticos, reforza a hipótese dos avances na paridade no poder local, pero seguen en posición de clara desigualdade. En Arteixo, de feito, houbo que esperar ata o 2007 para termos a primeira alcaldesa do século XXI: Pilar Souto.
Pilar Souto, nada en Arteixo en 1961 , foi alcaldesa de Arteixo polo PSdeG-PSOE entre 2007 e 2011. Gobernou co apoio do BNG e de Terra Galega. A propia Pilar admite que viviu situacións complicadas polo feito de ser muller e alcaldesa.
“Empezar en política local é muchísmo máis dificil para unha muller que para un home porque se lle cuestiona que non estea a realizar os seus labores familiares, cousa que non se lleesixe a eles. Ás veces somos as propias mulleres as que temos estes prexuízos e prexudicamos esta incursión da muller na política. Considero que hai que facer unha fronte común para conseguir que as mulleres o teñan igual de facil de home. Cando me presentei á alcaldía algúns votantes do PSOE queixábanse de que o candidato non fose un home. Ademais, podo dicir que estou segura de que as dificultades que tiven liderando o goberno de coalición non serían tan intensas si o lider fose un home”, explica a propia Pilar Souto en declaracións para este proxecto.
Non obstante, non podemos descoidar que as alcaldesas son tamén conceleiras. A evolución do número de concelleiras por partidos políticos en España desde o 1999 denota a existencia dun proceso aínda moi paulatino que proxecta unha resistencia á aposta pola muller para a ostentación das alcaldías e conciliarías.
Na mesma lexislatura na que Pilar Souto foi alcaldesa produciuse a entrada de varias mulleres ás consiliarias. Unha delas foi Lourdes Loureiro que desempeñou o cargo de conselleira de servizos sociais. A propia Loureiro recoñece que sufriu numerosas dificultades por adicarse a política sendo muller.
“A nivel local estás en contacto coa vila a diario. Ves ao electorado, saben quen eres e ten as súas cousas boas e malas. As malas son principalmente os insultos machistas. Hai moita xente que non perdoa que sexas política e muller porque nesta sociedade continúa existindo machismo. A política é moi bonita pero sufrín ataques persoais polo mero feito de ser muller. Debemos traballar para que estas cousas non sucedan.», afirma Loureiro.
Nesa mesma lexislatura, noutro partido da coalición, destaca o papel de Rosario Figueras no partido Terra Galega como conselleira. A propia Figueras, agora conselleira polo PSOE, ve esa lexislatura como un punto de inflexión para introducción das mulleres na política local.
“A verdade e que históricamente a muller estivo immersa nun mundo privado. O seu papel estaba invisibilizado. A muller estaba condeada a crianza dos fillos, a reproducir e a obedecer ó home da casa. De feito, o 1 de outubro fixo 90 anos do día na que nas mulleres comezamos a votar. No século XX comezouse a favorecer a incursión das mulleres na industria e na política. Tamén xurdiron movementos feministas mais foron silenciados pola sociedade patriarcal. Aínda temos moito que remar para conseguir esa igualdade entre homes e mulleres. Hai que favorecer o liderado femenino e penso que a lei de cuotas favoreceu esta incursión das mulleres. É triste que teña que haber unha lei para garantir a igualdade mais creo que axudou moito. Para continuar avanzando penso que é necesario crear unha conciliación laboral real”, afirma a propia Rosario Figueras.
Cabe destacar que o número de alcaldesas dos dous principais partidos políticos en 2007, PP e PSOE, chegaron a rozar o 40% das súas alcaldías totais. Trátase dun dato excepcional na serie histórica que duplica ao número de alcaldesas actuais dos mesmos partidos e que non volveu a sucederse.
En síntese a participación política da muller na administración local española incrementouse lixeiramente desde as primeiras eleccións locais (1979) até as últimas. Con todo, a leve mellora denota unha aínda resistencia á incorporación da muller, que entra paulatina e tardíamente no poder local.
É preciso lembrar que a participación feminina na vida política e pública increméntase non só polas medidas legais, senón, ademais, como citabamos anteriormente, polas decisións orgánicas dos partidos como a posta en marcha de cotas de xénero ou outras disposicións similares.
As cotas de representatividade feminina para os cargos orgánicos e públicos nos partidos comezaron a aparecer en España a finais dos anos oitenta. O PCE introduciu as súas medidas de discriminación positiva en 1987, sendo en 1988 cando o PSOE puxo en marcha a súa cota feminina do 25%. Xa nos anos 90, EU aumentou a cifra no seu partido ao 35%. En 1997, PSOE e EU elevan a cota a un máximo de 60% e un mínimo de 40% para calquera xénero.
O papel de mulleres como as que protagonizan esta investigación sumado ó impulso de políticas públicas a prol de igualdade de xénero a todos os niveis e a decisións órganicas como a política de cuotas permitiu chegar á situación actual.
Na última década o concello estivo gobernado por Carlos Calvelo mais as conselleiras foron numerosas. Dende o 2011 foron varias as mulleres que ocuparon cargos de responsabilidade. Fina Zas,, María Sánchez Novo, Inés Ramos, Patricia Amado, Purificación Zás ou Ana Bello son algúns exemplos da gran presencia feminina.
Dos anteriores nomes, a muller con máis anos ás costas de servizo público no goberno é Fina Zas. A actual concelleira de maiores e actividades sociais considera que é crucial o papel dos medios de comunicación e o tecido asociativo para visibilizar o papel das mulleres na política.
Os anos 20 do século XXI. O futuro de Arteixo é das mulleres
As corporacións locais españolas, en xeral, deron pasos importantes cara á igualdade durante a democracia, aínda que, aínda non é plena. A diferenza é maior nas alcaldías, ao rexistrarse practicamente unha rexedora municipal por cada catro rexedores: 1.768 alcaldesas (21,74%) e 6.363 alcaldes (78,26%).
A evolución deixa atrás peores rexistros. Como xa comentamos, na primeira lexislatura democrática municipal (1979), a muller practicamente non contaba con presenza municipal: as concelleiras representaban o 3% e as alcaldesas o 1%.
Todas as lexislaturas rexistraron, de forma lenta, unha evolución positiva: na segunda, 2% alcaldesas e 5% concelleiras; na terceira, 3% alcaldesas e 8% concelleiras; na cuarta, 5% alcaldesas e 12% concelleiras; na quinta, 7% alcaldesas e 17% concelleiras; na sexta, 10% alcaldesas e 23% concelleiras; na sétima, 13% alcaldesas e 28% concelleiras; na oitava 16% alcaldesas e 23% concelleiras; na novena, 18% alcaldesas e 35% concelleiras; na décima, 20% alcaldesas e 38% concelleiras; até chegar á undécima e actual lexislatura, 22% alcaldesas e case un 41% concelleiras.
Para continuar avanzando todas as políticas e expertas entrevistadas para este proxecto falan do mesmo obxectivo: involucrar as mozas arteixás na vida pública do concello.
A única alcaldesa dende a restauración da democracia fala disto último nos seguintes términos: “Se ti eres unha muller nova e queres entrar en política o que tes que ter claro é que a política é sinónimo de mellorar a vida das persoas que te rodean. No momento no que o tes claro non permitas que nada nin ninguén te aparte deste camiño. Es perfectamente capaz de facelo con aprendizaxe, esforzo e, honestidade. Para o meu a política é un servizo público e todo o que está ao redor disto son cuesiones colaterais. Hai que concienciar as novas xeracións para continuar creando referentes na política para as seguintes e para seguir conseguindo avances en materia de igualdade”
No caso de Estrela, a primeira muller que destacou na política local logo da dictadura a mocidade debe voltar á militancia. “As mozas deben esquecerse da concepción institucional que se ten da política é moi institucional. Precisamos de mozas loitadoras, combativas e reinvidicativas. Necesitamos políticas de base no concello”.
Fina Zas atopa que as mozas deben continuar co camiño que antes abriron otras persoas. “Involucrarse na vida pública é unha necesidade”. Nese senso fala Lourdes Loureiro, a cal considera que “actualmente a muller está máis valorada en política porque moitas outras antes conseguiron que fose así. Necesitamos que sigan existindo mulleres con esta vocación para seguir avanzando na igualdade. Quero facer un recoñecemento á muller que estivo, está e estará na política.”
Por último, Rosario Figueras atopa que as mozas deben cultivar a súa vocación pública. “Hai que cultivar a sensibilidade e a actitude crítica. Considero que unha política ten que ter unha identidade política e que loite por ela. Considero ademais que unha moza debe mirar pola igualdade de xénero e traballar por ela”, conclúe a propia política.
Non podemos rematar este relato histórico sen nomear as novas formas que están xurdindo no seo da mocidade galega e arteixá. A mocidade galega disputa o bastón de mando dos futuros imaxinarios colectivos. Ante a crise da democracia representativa, a precarización das condicións do emprego e a quebra da confianza nos medios de comunicación convencionais, emerxe unha nova xeración e un novo xeito de mobilizarse. O ciberespazo está sendo testemuña dunha gran conversa social focalizada na defensa da igualdade de xénero.
Actualmente tódalas cifras perciben un aumento da concienciación e da defensa da igualdade de xérnero nas novas xeracións. As redes sociais favoreceron a inorporación deste tema nas redes sociais. Deste xeito, as usuarias arteixás que se mobilizan polo feminismo a través da rede están contribuíndo tamén ó avance do concello nesta materia.