Campaña para promover os xogos tradicionais nos centros educativos
Ponte nas ondas! lanza una campaña para promover os xogos tradicionais nos centros educativos.
A campaña pretende converter durante o mes de maio os espazos recreativos dos centros escolares galegos e portugueses, en grandes espazos lúdicos nos cales, durante os tempos de lecer, se practiquen os xogos populares como forma de transmitilos e de compartilos. Ponte...nas ondas! suxire un conxunto de xogos, coas instrucións para o profesorado e para o alumnado coa finalidade de ofertar unha variedade de propostas para que libremente sexan escollidos.
As escolas poden decidir os días da semana para dedicar á actividade e no final mes poden enviar fotos, vídeos ou podcasts para publicar no portal “ESCOLAS NAS ONDAS” (www.escolasnasondas.com).
Todos os xogos teñen un carácter inclusivo e participativo. A proposta comprende xogos estáticos e outros mais dinámicos co obxectivo de se poderen adaptar a todas as situacións, tanto de carácter persoal como climatolóxico. Naturalmente cada escola poderá complementar a gama dos xogos a practicar com aqueles que considere oportuno, aínda que non fagan parte da proposta.
Tamén cantando!
A partir da composición vídeoclip “A ponte”, cantado por ilustres músicos de Galicia, Portugal, Brasil e Mozambique proponse aos centros unha actividade para divulgala entre o alumnado.
Anímase ao alumnado a que a fagan súa e a reinterpreten cantada por eles mesmos. Poderán cantar só o retrouso, a canción enteira ou algunhas partes, á súa libre elección, para gravala despois en formato audio ou vídeo podendo combinar as voces dos nenos e nenas coas dos artistas.
Inclúense no enlace http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/: o vídeo enteiro, o audio , a música só para gravar por riba, as voces...
Todos os traballos recibidos deben ser enviados para o enderezo: web@escolasnasondas.com
• info: http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/