Campaña para promover os xogos tradicionais nos centros educativos

Campaña promover xogos tradicionais centros educativos
photo_camera Cartel de "Ponte a xogar"-El Portal de la Infancia

Ponte nas ondas! lanza una campaña para promover os xogos tradicionais nos centros educativos.

A campaña pretende converter durante o mes de maio os espazos recreativos dos centros escolares galegos e portugueses, en grandes espazos lúdicos nos cales, durante os tempos de lecer, se practiquen os xogos populares como forma de transmitilos e de compartilos. Ponte...nas ondas! suxire  un conxunto de xogos, coas instrucións para o profesorado e para o alumnado coa finalidade de ofertar unha variedade de propostas para que libremente sexan escollidos.

As escolas poden decidir os días da semana para dedicar á actividade e no final mes poden enviar fotos, vídeos ou podcasts para publicar no portal “ESCOLAS NAS ONDAS” (www.escolasnasondas.com).

Todos os xogos teñen un carácter inclusivo e participativo.  A proposta comprende xogos estáticos e outros mais dinámicos co obxectivo de se poderen adaptar a todas as situacións, tanto de carácter persoal como climatolóxico. Naturalmente cada escola poderá complementar a gama dos xogos a practicar com aqueles que considere oportuno, aínda que non fagan parte da proposta.

Tamén cantando! 

A partir da composición  vídeoclip “A ponte”, cantado por ilustres músicos de Galicia, Portugal, Brasil e Mozambique proponse aos centros unha actividade para divulgala entre o alumnado.

Anímase ao alumnado a que a  fagan súa e a reinterpreten cantada por eles mesmos. Poderán cantar só o retrouso, a canción enteira ou algunhas partes, á súa libre elección, para gravala despois en formato audio ou vídeo podendo combinar as voces dos nenos e nenas coas dos artistas. 

Inclúense no enlace http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/: o vídeo enteiro, o audio , a música só para gravar por riba, as voces...  

Todos os traballos recibidos deben ser enviados para o enderezo:  [email protected]  

    • info: http://pontenasondas.org/ponte-a-xogar/ 

Más en El Portal de la Infancia