Apoios para fomentar a doazón de sangue, órganos e tecidos
Este Nadal, a Axencia de doazón fiso un chamamento a poboación galega con motivo da escaseza de sangue.
Falando de doazón, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou o 23 de decembro de 2022, coa presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Sara Catrain González, un convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e o Colexio.
O obxetivo é a difusión de información e o fomento da doazón de sangue, órganos e tecidos entre a poboación da provincia da Coruña.
Neste sentido, o fin é contribuír a garantir a cobertura das necesidades hemoterápicas aos centros sanitarios galegos e a doazón de órganos e tecidos.
Así o colexio de farmacéuticos coruñés pon a disposición da axencia de doazón a posibilidade de difundir, a través das oficinas de farmacia desta provincia, e das canles de comunicación de que dispón, dixitaise físicos, a información sobre as actividades de ADOS.
Ademais estas actividades, serán realizadas atendendo ao criterio de cada titular de oficina de farmacia. Pola súa parte, a Axencia de Doazón Galega colaborará co colexio compartindo material promocional do que dispón para a realización de tarefas de divulgación e información. A duración do convenio terá unha vixencia de catro anos.
Doazóns acadadas
O número de doazóns de sangue realizadas pola cidadanía galega no mes de decembre acadou as 6.530:
- 3.033 son da provincia da Coruña
- 498 da de Lugo
- 555 da de Ourense
- 2.444 da de Pontevedra
En concreto, dende o chamamento realizado o pasado día 14 pola Axencia de doazón con motivo da escaseza de sangue, e ata o día 21, as doazóns acadadas en Galicia foron 3.903, das que máis de 1.700 foron na provincia da Coruña, 307 na de Lugo, 326 na de Ourense e máis de 1.500 na de Pontevedra.
Sinalar, así mesmo, que entre as competencias de ADOS está conseguir doazóns voluntarias e altruistas de sangue, medula ósea e sangue de cordón umbilical para cubrir as necesidades do sistema sanitario de Galicia; así como promover a participación activa de institucións, organismos e empresas de Galicia nas políticas de promoción da doazón de sangue, órganos e tecidos.