9 finais e 5 medallas para o CNA no Campionato de España Junior e Absoluto

Outra nadadora do Club Natación Arteixo participa no Campionato de España Infantil que será en Logroño durante esta semana
nadadores de Arteixo destacan en en campeonato de España
photo_camera Mateo García -esquerda- logra o título de subcampeón de 17 anos no campionato de España na proba de 400 libre

Mateo García logró proclamarse subcampión de España de 17 anos na proba de 400 libre

Acaba de rematar o Campionato de España Junior e Absoluto Open de Natación. Se celebrou dende o mércores 20 ata o domingo 24 en Sabadell. O carácter open do evento deulle moito máis nivel competitivo e emoción pola presencia de grandes nadadores internacionais. O Club Natación Arteixo (CNA) participou con catro deportistas. Todos acadaron moi bos resultados que poden resumirse en nove finais, cinco medallas e moitas mellores marcas persoais.

  • Paula Otero só asistiu ata o venres en categoría absoluta, xa que está convocada para una concentración en Sierra Nevada co Equipo Nacional. Asistirá ó Campionato de Europa en Roma a segunda semana de agosto. Participou en 1500 e 400 libre, probas nas que foi bronce absoluta e Campiona de España de categoría absoluta moza.
  • Alba Gómez participou nun total de catro probas, das que foi finalista en tres. Acadou moi boas marcas e estivo a moi bo nivel, destacando os seguintes postos, 9º en 200 libre, 10º en 400 libre e 11º en 100 libre.
  • Miguel Ángel Gómez, de categoría absoluta nadou a proba de 200 braza obtendo a súa mellor marca persoal e acadando o 10º posto da súa categoría.
  • Mateo García, de categoría junior de 17 anos, fixo tamén un gran campionato. Foi finalista nas catro probas nas que participou, acadando as súas mellores marcas. 5º posto nas probas de 1500 e 200 libre, 4º en 800 libre, pero o seu mellor resultado foi o de Subcampión de España de 17 anos na proba de 400 libre.

Aínda seguiremos escoitando falar deste club arteixán, xa que esta semana asiste otra nadadora do CNA a Logroño para participar no Campionato de España Infantil.

Más en Deportes