Dúas medallas e un récord de España máster

O pasado domingo celebrouse en Mos o Campionato Galego de Fondo Máster onde asistiron tres nadadores do Club Natación Arteixo (CNA)
Campionato Galego Máster
photo_camera Nadadores do CNA no Campionato Máster celebrado en Galicia

O máster Ramón Folch foi ouro ademáis de batir o Récord Galego e de España na proba celebrada en Mos

O pasado domingo celebrouse en Mos o Campionato Galego de Fondo Máster. Asistiron tres nadadores do Club Natación Arteixo, que acadaron moi bos resultados, destacando 2 medallas e un Récord Galego e de España.

Javier Mella nadou 800 libre, acadando o 4º posto da categoría +45. En 1500 obtivemos dúas medallas, unha chegou da man de Rubén Villamor, que foi bronce de categoría +20.

A outra medalla veu cargada de emoción, xa que Ramón Folch, foi ouro, ademáis de batir o Récord Galego e o Récord de España nesta proba na categoría de +85. Ramón ten na súa axenda participar no Campionato de España de Fondo. "Teremos que estar atentos a este nadador que seguro que ten preparadas máis alegrías competitivas", engaden desde o CNA.

Ramón Folch foi ouro na categoría máster de +85

Más en Deportes