No Campionato de Longa Distancia en Piscina, o Club Natación Arteixo acadou o 5º posto por equipos
Onte celebrouse en Ponteareas o Campionato Galego de Longa Distancia en piscina, fase territorial do Campionato de España. O Club Natación Arteixo acadou un meritorio 5º posto por equipos e tres medallas con un total de cinco participantes. Foi en dúas sesións, unna de mañán para a categoría infantil na que se nadaron 2000 metros. A xoven nadadora do Arteixo Eva Sánchez, acadou o 10º posto con bo rexistro persoal. Pola tarde foi o turno dos junior e senior nadando 3000 metros. Nesta proba, en categoría junior, Mateo García foi bronce e Paula Otero ouro. Ana Veiga foi bronce senior e Nerea Alvite 4ª da mesma categoría.