Campus Multideporte de Semana Santa en Arteixo

O Servizo Municipal de Deportes presenta o primer Campus Multideporte de Semana Santa 2021 con motivo da celebración das vacacións
campus multideportes para escolares de Arteixo
photo_camera Cartel do Campus Multideporte de Semana Santa en Arteixo

A data de celebración do Campus Multideporte 2021 é 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril

O Servizo Municipal de Deportes presenta o primer Campus Multideporte de Semana Santa 2021. Con motivo da celebración das vacacións de Semana Santa, o Concello de Arteixo organiza o campus destinado a escolares nacidos entre os anos 2017 e 2006. As actividades deportivo-recreativas convirtiranse no atractivo da iniciativa, onde os nenos e nenas poderán disfrutar de xogos populares, deportes alternativos, actividades e unha festa fin de campus. O campus vaise levar a cabo nas instalacións deportivas do Concello ubicadas na zona escolar.

  • Organiza: Servizo  Municipal de Deportes Concello de Arteixo
  • Datas de celebración: 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril
  • Horario: de 10.00h a 14.00 h
  • Idades: Nados desde o ano 2017 e ata 2006
  • Número prazas ofertadas: 25
  • Ratio: 1/5
  • Prezo: 16 €
  • Inscrición e información:
    • De xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa.  981659172.
    • A través do correo electrónico [email protected]

Reunión informativa e procedemento de inscripción

  • 29 de marzo ás 10.00 horas no Pazo dos Deportes, na que se explicarán as normas da actividade e o protocolo de funcionamento
  • Inscrición directa desde o 8 ata o 25 de marzo. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección [email protected]. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

Normas de funcionamento

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.

Más en Deportes