Alba, Mateo, Miguel y Paula no Campionato de España de Natación

A competición de natación será retransmitida en directo vía streaming e poden seguirse tamén os resultados na páxina da RFEN
campionato de natación de verán en Sabadell
photo_camera Paula, Alba, Miguel e Mateo no campionato de natación en Sabadell

Os deportistas do Club Natación Arteixo están en Sabadell ata o domingo 24

Esta semana celébrase o Campionato de España de Natación Junior e Absoluto Open de verán. Dende hoxe, mércores 20, e ata o domingo 24 catro deportistas do CNA compiten en Sabadell, nas Piscinas Can Llong. A competición será retransmitida en directo vía streaming e poden seguirse tamén os resultados na páxina da RFEN. A competición contará con eliminatorias e finais, e o Arteixo estará presente nun total de doce probas individuais:

  • Alba Gómez nadará 50 bolboreta, 100, 200 e 400 libre
  • Mateo García 100, 200, 400, 800 e 1500 libre
  • Miguel Gómez 200 braza
  • Paula Otero participará só en 1500 e 400 libre. O venres pola noite viaxa a Serra Nevada para participar coa Selección Española na concentración previa ó Campionato de Europa Absoluto que se celebra en Roma no mes de agosto

Más en Deportes