«Agora Ti», a mensaxe motivadora de BeOne Arteixo para comezar 2023 en forma

A matrícula e a metade da cota deste mes é gratuíta ata o 14 de xaneiro para todos aqueles que queiran inscribirse no centro BeOne
BeOne lanza campaña motivadora para hacer deportes
photo_camera Campaña do centro deportivo BeOne de Arteixo

BeOne ofrece a matrícula e a metade da cota deste mes gratuíta ata o 14 de xaneiro

O centro deportivo BeOne de Arteixo, lanza unha campaña na que anima a todas e todos a facer realidade o propósito de poñerse en forma tralo Nadal. Nesta época de xuntanzas con amigos e familiares algunhas veces se cae nalgún exceso. Por iso é hora de volver a un estilo de vida saudable.

Para axudar a conseguir este obxectivo, BeOne, concesión do concello, puxo en marcha unha nova campaña baixo o reclamo “Agora ti. A túa motivación, a túa desconexión, o teu benestar”. Esta mensaxe non só incentiva a comezar a actividade física, senón que salienta os obxectivos tan diversos que se poden lograr coa práctica deportiva.

Moitas ventaxes

A matrícula e a metade da cota deste mes é gratuíta ata o 14 de xaneiro para todos aqueles que queiran inscribirse no centro. Ademais, seguindo co compromiso que ten BeOne coas familias, estas contarán con vantaxes especiais no seu abono. Para máis información sobre esta campaña pódese consultar a web www.beone.es/agorati.

Piscina, sala fitness, spa e salas de actividades; son algunhas das zonas deste centro deportivo. Esta variedade de espazos permite que todos atopen o deporte que mellor se adapte a cada un. Desenvólvense numerosas actividades dirixidas como bike, zumba, pilates ou GAP. Dispón tamén de zonas específicas para nenos como espazos de xogos e servizos adaptados a eles como a escola de natación ou as actividades infantís. Toda a info www.beone.es/agorati/arteixo

30 anos do centro deportivo

Ademais, este 2023 a xestora do centro deportivo de Arteixo, BeOne, fai o seu 30 aniversario de dedicación ao sector fitness. O grupo comezou a súa andadura coa xestió dunha piscina municipal en Ferrol en 1993. Actualmente conta con 37 centros deportivos repartidos en 11 provincias españolas.

Más en Deportes