Arteixo no Campionato de España de Inverno en Sabadell

Representaron ao Club Natación Arteixo en Sabadell tres nadadores que obtiveron moi bos resultados e marcas personais tras unha dura tempada
Nadadores del CNA Arteixo en Sabadell
photo_camera Miguel, Mateo e Alba en Sabadell

Representaron ao Club Natación Arteixo en Sabadell tres nadadores que obtiveron moi bos resultados

Esta fin de semana celebrouse en Sabadell o Campionato de España de Inverno en piscina de 25 metros. O Club Natación Arteixo participou con tres nadadores que obtiveron moi bos resultados e marcas personais. Destacan as tres Mellores Marcas Galegas de 17 anos de Mateo García Castro, nadador de categoría junior.

O Campionato durou dende o venres 16 ata o domingo 18, en dúas sesións cada día, sen finais. Os participantes viñan dun ciclo competitivo bastante duro, por iso sabían que tiñan que poñer máis ilusión e bos detalles para suplir o posible cansancio.

Alba, Miguel y Mateo

Alba Gómez nadou catro probas, acadando os seguintes postos: 13º en 200 libre, 14º en 100 libre, 22º en 100 bolboreta e 29º en 50 bolboreta, con marcas moi salientables sobre todo nas probas de crol.

Miguel Ángel Gómez, de categoría absoluto mozo, nadou as tres distancias de braza, acadando o 54º en 200 braza, 64º en 100 braza, e 72º en 50.

Os resultados de Mateo García, aínda de categoría junior, e que acadou as súas mellores marcas persoais neste campionato, consigue ademáis 3 Mellores Marcas Galegas de 17 anos, nas probas de 200 libre (1.51.01), 31º posto; de 400 libre (3.54.73), 15º posto; e 800 libre (8.06.96), 12º posto. Tamén participou na proba de 1500 libre, na que rematou en 10º posto absoluto.

Mateo García en Sabadell

Más en Deportes