V Concurso de viñetas pola igualdade

Co gallo da conmemoración do Día de Muller, a Deputación da Coruña convoca o V Concurso de Viñetas pola igualdade que este ano leva por título “Da igual? Igual non dá”. As bases xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia e o prazo de presentación xa está aberto. O obxectivo deste certame é empregar a viñeta para a concienciación do alumnado na necesidade de cambiar os valores e modelos para conseguir a igualdade de xénero real. Así, poderán participar no concurso todas as persoas de entre 12 e 18 anos que...

Diego Calvo, presidente da Deputación

Co gallo da conmemoración do Día de Muller, a Deputación da Coruña convoca o V Concurso de Viñetas pola igualdade que este ano leva por título “Da igual? Igual non dá”. As bases xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia e o prazo de presentación xa está aberto.

O obxectivo deste certame é empregar a viñeta para a concienciación do alumnado na necesidade de cambiar os valores e modelos para conseguir a igualdade de xénero real. Así, poderán participar no concurso todas as persoas de entre 12 e 18 anos que o consideren e tanto de forma individual como en grupo.

A viñeta ou tira de viñetas (ata un máximo de seis) terán que presentarse xunto co resto da documentación no Rexistro Xeral da Deputación antes do 8 de abril. A concesión do premio decidirase antes do 28 abril e entre o xurado haberá unha persoa de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico.

En canto os premios, seleccionarase a tres finalistas. Os tres serán obsequiados cunha tableta electrónica e unha colección de cómics.

Más en Deportes