A Xunta de Galicia obriga a reducir as reunións a un máximo de cinco persoas. Decreta que os bares e cafeterías so podrán dar servicio nas terrazas con un máximo de cinco persoas por mesa. O concello suspende a Feira prevista para mañá no núcleo de Arteixo
A Xunta de Galicia ante o aumento de casos de infección polo virus COVID-19, actualmente 125 rexistrados en Arteixo, tomou a decisión de limitar as reunións a un máximo de cinco persoas, tamén decreta que os bares e cafeterías so poderán dar servicio nas terrazas e tamén a un máximo de cinco personas por mesa. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa. Estas medidas entrarán en vigor a partir das 00.00 horas desta noite. A partir do luns, a Xunta tamén sinala que haberá novas restriccións no aforo de bodas e bautizos. A Xunta publicará no Diario Oficial de Galicia o documento completo coas novas restriccións.
Por outra parte o concello de Arteixo advirte a cidadanía sobre as seguintes puntos:
- 1. Suspender a Feira prevista para mañá no núcleo de Arteixo.
- 2. Recordar que as áreas recreativas do Seixedo e Os Barreiros seguen pechadas ata novo aviso.
- 3. A policía local reforzará o control dos locales de hostelería de Arteixo, en especial no relacionado co cumprimento das novas normas.
O concello de Arteixo tamén quere recordar a todos os seus veciños que é imprescindible seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a transmisión do coronavirus:
- Usar máscara seguindo as recomendacións sanitarias é obrigatorio en tódalas circunstancias.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.
- Manter unha distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable, tirándoo despois a unha papeleira.
- Con síntomas (febre, tose, dor de cabeza, perda de olfacto e gusto, diarrea,etc.) quedar na casa e contactar telefonicamente co seu/súa medico de Atención Primaria.
Para máis información: www.coronavirus.sergas.gal