Centro de Arteixo: os socialistas reclaman vivenda pública

Defenden a necesidade de reservar unha porcentaxe do solo edificable para vivenda pública nas Unidades de Actuación 49 e 8 na zona centro
zona centro del Concello de Arteixo
photo_camera Zona do centro proposta polo Psoe de Arteixo para vivenda social

O desenvolvemento da UA 49 e a UA-8 no centro do concello "ofrece unha magnifica oportunidade para facilitarlle o acceso a moitas familias"

O goberno local aprobou a urbanización de dúas Unidades de Actuación (UA) no centro urbano. Nelas está prevista a apertura de novas vías e a construción de edificios de uso residencial. "O concello de Arteixo soporta unha enorme presión demográfica e moitas familias seguen tendo serias dificultades para acceder á vivenda", expresa un comunicado.

De cara aos próximos anos, está prevista a construción de novas promocións residenciais no termo municipal e os socialistas de Arteixo defenden a necesidade de reservar unha porcentaxe do solo edificable para vivenda pública. A zona da urbanización inclúe a UA-49, emprazada na contorna da residencia e a escola infantil. Tamén, a UA-8, onde está prevista a apertura dunha nova vía que conectará a rúa Ría de Vigo coa rúa dos Cabalos. Sin embargo, Simón López, portavoz do Psoe local, explica que "ningunha dos dous proxectos contempla, inicialmente, a construción de vivenda pública ou protexida". Así mesmo cre que “o desenvolvementodestes dous ámbitos, situados en pleno núcleo urbano, ofrece unha magnífica oportunidade para facilitarlle o acceso á vivenda a moitas familias do noso concello”.

"O prezo desorbitado das novas promocións inmobiliarias é inasumible para un sector moi amplo da poboación e o elevado importe dos alugueres supón unha barreira para a emancipación da mocidade. A solución ao problema da vivenda é complexa”, recoñece López, “pero o goberno do PP debe demostrar vontade política
para dar resposta a unha das principais demandas da veciñanza”, finaliza.

Vista das Unidades de Actuación aprobadas recentemente

Más en Arteixo