Arteixo ten ganas de Entroido

Arteixo ten ganas de Entroido e publica as bases dos concursos 2023. As persoas interesadas en participar teñen de prazo para ...
ganas entroido en Arteixo
photo_camera Foto arquivo: Entroido 2007 Arteixo

Arteixo ten ganas de Entroido e publica as bases dos concursos 2023.

Arteixo ten moitas ganas de Entroido e publica as bases dos concursos de Entroido 2023. Deste xeito, a concellaría de Cultura fai públicas as bases destes concursos:

  • Infantil
  • Carrozas
  • Comparsas
  • Disfraces de Adultos

Destacar que  Concurso Infantil celebrarase este ano no Pavillón polideportivo de Ponte dos Brozos o sábado 18 de febreiro ás 17:00 h.

Ademais o Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfraces de Adultos será, como ven sendo habitual o martes de Entroido, o 21 de febreiro.

O desfile discorrerá únicamente pola Avenida Fisterra. Comezará ás 17:30 h e rematará no Campo da Festa onde cada participante subirá ao escenario para entretemento do público arteixán.

Inscricións

Tamén dicir que as persoas interesadas en participar teñen de prazo para efectuar a súa inscrición até o martes 14 de febreiro: por sede electrónica ou en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas do Servizo Municipal de Cultura situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

No caso do Concurso Infantil e da modalidade de disfraces de adultos poderá ampliarse o prazo até o mesmo día da súa celebración.

As bases e instrucións para participar en cada unha das modalidades pódense consultar aquí.